Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Educación: Fundamentos didácticos e organizativos do ensino
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Esta sesión servirá para presentar a materia: competencias, contidos, planificación, metodoloxía, atención personalizada, avaliación e bibliografía.
Seminario A través das titorías, o profesor facilitará e orientará aos estudantes no seu proceso formativo,
podendo ser obxecto de atención calquera das facetas ou dimensións que inciden no mesmo
(aspectos académicos, actitudinais, persoais, sociais...). Computa na avaliación continua.
Traballo tutelado Os estudantes, de forma individual ou en grupos, realizarán proxectos supervisados polo profesor.
Computan na avaliación continua
Estudo de casos Análise dun feito, problema ou suceso real coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipóteses, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos, diagnosticalo e adestrarse en procedementos alternativos de solución.
Lección maxistral Presentación estruturada dos temas, coa finalidade de facilitar información organizada, seguindo os criterios adecuados á finalidade dos mesmos. Guión facilitador e a correspondente exposición verbal, por parte do profesor, dos contidos da Organización Escolar.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000