Guia docente 2023_24
Facultad de Ciencias de la Educación y del Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Prácticas externas: Practicum
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Prácticum, Practicas externas e clínicas O núcleo formativo fundamental do Prácticum desenvolverase mediante a participación no proceso de ensino e aprendizaxe da aula de educación infantil asignada (xeralista e de especialidade, se é o caso).
O alumno de prácticas participará nas reunións dos equipos educativos dos que faga parte e colaborará nos proxectos de innovación e nas actividades extraescolares que o centro desenvolva.
Así mesmo asistirá a todas as reunións e actividades organizadas para que os estudantes en prácticas coñezan en profundidade a realidade educativa da Educación Infantil.
Traballo tutelado O traballo tutelado estará enfocado cara a reflexión das prácticas levadas a cabo, sobre todo en relación coa memoria de prácticas, que mostrará a observación e análise do contexto socioeducativo, a avaliación dos documentos obrigatorios do centro e a observación das súas implicacións para a aula, ademais do deseño e desenvolvemento de experiencias didácticas para a aula, con especial atención á avaliación e mellora deste deseños.
Foros de discusión As titorías semanais, individuais e colectivas, co coordinador e os titores da Universidade
serviranlle de asesoramento aos estudantes. Analizaranse e valorarán os datos observados á luz das competencias técnicas adquiridas nas outras materias e proporanse directrices para desenvolver novas tarefas.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000