Guia docente 2023_24
Facultad de Ciencias de la Educación y del Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Aprendizaxe da lingua estranxeira: Inglés
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividades dirixidas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como presentar a materia.
Lección maxistral Sesións nas que se abordarán os contidos teóricos da materia. As sesións maxistrais desenvolveranse mayoritariamente nas horas de grupo A. Posto que a materia ten unha dobre faceta, LINGUA E APRENDIZAXE, parte das sesións maxistrais tratarán os contidos da aprendizaxe das linguas estranxeiras e outra de certos aspectos lingüísticos e comunicativos do inglés. No caso de ausencia xustificada do profesor, ou de confinamento, este poderá propor actividades alternativas en liña, a través do campus remoto, Moovi ou moodle
Traballo tutelado Esta actividade realizarase en grupos. Os alumnos deberán aplicar a teoría e metodoloxía aprendidas ao diseño dun traballo para o que deberán elexir un dos temas propostos pola profesora. Os grupos deberán asistir alo menos a unha tutoría coa profesora para concretar as súas propostas e avances. No caso de confinamento, ésta pódese realizar a través do campus remoto.
Presentación Técnicas grupales participativas/actividades autónomas tuteladas. As exposicións dos traballos desenvolveranse nalgún dos diferentes grupos, utilizando as horas que sexan necesarias para todas as presentacións, deste xeito todos os compañeiros poderán avaliar o traballo dos demais.
Nestas sesións cada alumno ou grupo de alumnos deberá expor oralmente na aula os seus proxectos no tempo establecido previamente polo profesor e a clase. Ao mesmo tempo as exposicións serán avaliadas polo resto da clase e autoavaliadas. No caso de confinamento, as exposicións realizaránse a través do campus remoto e poderán gravarse antes para evitar riscos de conexión.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000