Guia docente 2023_24
Facultad de Ciencias de la Educación y del Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Educación: Teoría e institucións contemporáneas da educación
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Traballo tutelado A atención personalizada ten por obxectivo facer o seguimento da evolución do alumnado e apoiar o seu traballo dentro da asignatura. O/a docente abordará aqueles aspectos que precisen de reforzo, asesoramento e guía para que cada estudante acade os obxectivos marcados para esta materia. Concretamente nas sesións maxistrais, o alumnado ten a posibilidade de presentar as súas dúbidas no desenvolvemento de cada unha das sesións. Realizarase atención personalizada a demanda nas horas de titoría individualizada que consta na web da facultade, preferentemente previa cita. Así mesmo, os e as estudantes poderán revisar a cualificación obtida na proba final escrita, comprobando que esta se axusta aos criterios de avaliación establecidos nesta guía docente.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000