Guia docente 2023_24
Facultad de Ciencias de la Educación y del Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Educación: Teoría e institucións contemporáneas da educación
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Traballo tutelado Serán realizados de xeito individual ou en pequenos grupos. Consistirán na aplicación práctica de diferentes aspectos que constitúen os contidos da materia. Serán realizados na aula principalmente mediante o uso das TICs, debates, visitas, reunións con profesionais,... e recibirán unha supervisión (tutela) continua por parte do profesorado.
Resolución de problemas de forma autónoma O profesorado ofertará ao alumnado unha escolma de textos. Consistirá nun análise crítico-reflexivo relacionado coas temáticas traballadas dentro dos contidos. Así mesmo, dentro da resolución de problemas e/ou exercicios abordarase o emprego das TIC e especificamente a visualización de vídeos susceptibles de enriquecer a materia e complementar á información e os contidos que se desenvolvan nas clases.
Lección maxistral As leccións que conforman o temario desta materia serán elaborados e presentados de modo expositivo ao grupo de clase polo/a profesor/a que centrará a súa exposición, preferentemente, nos aspectos nucleares de cada unidade didáctica, procurando ofrecer de xeito condensado a información esencial que posibilite obter unha visión panorámica ou de síntese de cada tema, delimitando os conceptos, as ideas e os argumentos nel implicados e relacionándoos cos demais do programa para lograr unha integración dos módulos de contido e dos aspectos estruturais que conforman o corpus cognitivo da materia.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000