Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Educación: Novas tecnoloxías aplicadas á educación infantil
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2014_15
Materia Educación: Novas tecnoloxías aplicadas á educación infantil Código P02G110V01103
Titulación
Grao en Educación Infantil
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 FB 1 1c
Lingua de impartición
Castelán
Galego
Inglés
Prerrequisitos
Departamento Didáctica, organización escolar e métodos de investigación
Coordinador/a
Martínez Figueira, María Esther
Correo-e esthermf@uvigo.es
Profesorado
Domínguez Pérez, María Teresa
Martínez Figueira, María Esther
Mondolfi Miguel, María Luisa
Páramo Iglesias, María Beatriz
Web
Descrición xeral Esta materia cumpre un papel fundamental derivado do seu carácter instrumental e formativo:
- Ten un carácter instrumental porque se traballan as competencias necesarias para o manexo das tecnoloxías como ferramentas para a procura, tratamento, organización e representación da información. Neste sentido, serve de apoio a outras materias do plan de estudos.
- Ten un carácter formativo porque ofrece unha nova visión de como ensinar e como aprender na escola dentro da sociedade da información e o coñecemento.
Nesta materia terás a oportunidade de coñecer, analizar e valorar cal é o novo papel do profes@r, de l@s alumn@s e dos elementos que configuran o acto didáctico, cal é a nova maneira de ensinar e aprender coa tecnoloxía. Así coñecerás, entre outras cousas, a usar novos recursos didácticos con base tecnolóxica, como deseñar e elaborar materiais didácticos empregando a tecnoloxía, que estratexias de traballo empregar coas novas tecnoloxías na escola ...
Por último, como *maestr@ será necesario que sexas capaz de axudar aos teus alumn@s a desenvolverse neste novo ámbito tecnolóxico pero cunha visión crítica e reflexiva, que lle permita descubrir nas tecnoloxías unha ferramenta non só para o seu lecer e tempo libre, senón tamén para a súa formación como cidadáns libres e responsables.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000