Guia docente 2023_24
Facultad de Ciencias de la Educación y del Deporte
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Materias
  Adestramento de readaptación para a actividade física e o deporte
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Traballo tutelado O estudante, en pequeno grupo, elabora un documento sobre a temática da materia acordada previamente co profesor/a.
Lección maxistral O carácter da materia fai necesario combinar varios tipos de metodoloxías, dependendo da natureza dos obxectivos a alcanzar e os contidos a tratar. Avogarase por unha metodoloxía activa, alternando exposicións maxistrais e traballo en pequeno grupo nas sesións teóricas e vivencia das diferentes propostas de tarefas (do profesor e dos propios alumnos) nas sesións practicas.
Ademais, o alumno disporá dun soporte virtual de apoio á docencia, a través da plataforma TEMA (http://www.uvigo.es/faitic), co que poderá realizar un seguimento parcialmente on-line da materia.
- Organización da docencia:
As sesións de carácter teórico e práctico desenvolveranse en horario e localización fixadas polo centro.
Estudo de casos Actividade na que se formulan estudos de caso e exercicios relacionados coa materia que o alumno debe desenvolver
Resolución de problemas Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. O alumno debe desenvolver as solucións adecuadas ou correctas mediante a ejercitación de rutinas, a aplicación de fórmulas ou algoritmos, a aplicación de procedementos de transformación da información dispoñible e a interpretación dos resultados. Adóitase utilizar como complemento da lección maxistral.
Cartafol/dossier Documento onde se recollen prácticas e exercicios resoltos.
Prácticas de laboratorio Actividades de aplicación dos coñecementos a situacións concretas e de adquisición de habilidades básicas e procedimentales relacionadas coa materia obxecto de estudo.
Presentación Presentación e exposición de traballos e prácticas
Flipped Learning O estudante recibirá a través da plataforma de teledocencia faitic documentación para que poida traballar sobre ela e posteriormente poder expor ao profesor dubidas ou problemas de aprendizaxe relacionada con estes contidos
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000