Guia docente 2023_24
Facultade de Belas Artes
Grao en Belas Artes
 Materias
  Arte: Arte e modernidade
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Exposición por parte do profesor/a dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio que o/a estudante ten que desenvolver 0
Seminario Actividade enfocada ao traballo sobre un tema específico, que permite afondar ou complementar os contidos da materia. Pódese empregar como complemento das clases teóricas 40
Estudo de casos Análise dun feito, problema ou suceso real coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipóteses, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos, diagnosticalo e adestrarse en procedementos alternativos de solución. 20
Exame de preguntas de desenvolvemento Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. O alumno/a debe desenvolver a análise e resolución dos problemas e/ou exercicios de forma autónoma. 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Arte e Modernidade é unha asignatura impartida pola
profesora Susana Cendán. (scendan@uvigo.es)

A metodoloxía da asignatura
estructúrase en clases teórico/prácticas. As CLASES TEÓRICAS (2 horas á semana)
consisten na exposición oral dunha serie de conceptos apoiados en soportes
audiovisuais cuxo obxectivo é que o alumno alcance puntos de vista propios e
globalizadores sobre os contidos da materia. As introducións teóricas inician
ao alumno no territorio da Historia da Arte de forma gradual e ordenada.

Recoméndase a asistencia as clases teóricas para a correcta comprensión dos contidos da materia. Prégase puntualidade e a desconexión
dos dispositivos móviles. EN NINGÚN CASO ESTÁ PERMITIDO GRABAR Á PROFESORA NO
TRANSCURSO DA CLASE, CALQUERA QUE SEXA O FORMATO EMPREGADO. 

As CLASES PRÁCTICAS ou SEMINARIOS estructúranse en catro
grupos ou seminarios de traballo (P1, P2, P3 e P4) dunha hora de duración. As
clases prácticas amplían e profundizan nos contidos teóricos da asignatura,
permitindo ó alumnado desenvolver análises sobre problemáticas concretas así
como acadar unha participación real e eficaz.

Os contidos das clases prácticas
son hetereoxéneos e varían en función da actualización periódica dos contidos:
lecturas e análise de textos e imaxes, ciclos de cine, exercicios prácticos de
repaso da asignatura, accións artísticas, debates sobre problemáticas
relacionadas coa creatividade, saídas de estudos, exercicios de expresión oral,
 etc.

Para que se contabilicen os exercicios/actividades
realizadas nos SEMINARIOS, é preciso acadar unha participación do 80%.

Prégase a máxima PUNTUALIDADE nos SEMINARIOS. O alumnado que
se incorpore unha vez transcorridos 10 minutos, desde o comezo da práctica, non
se lle permitirá asinar na FOLLA DE FIRMAS.

A formación dos grupos de traballo ten un carácter limitado
no tempo. O primeiro día de clase a profesora indicará o prazo para a
conformación dos grupos.

Sobre as horas de traballo autónomo do alumno. O modelo
educativo do EEES (Espazo Europeo de Educación Superior) aboga por metodoloxías
docentes orientadas a favorecer a aprendizaxe activa do estudante, a súa implicación
e autonomía. A aprendizaxe non comeza e remata no aula. O alumno, como
protagonista do seu proceso de aprendizaxe, debe asumir o papel de actor
principal e actuar consecuentemente, tanto dentro como fora do aula: a súa
formación depende en gran medida do traballo que realiza fora do aula. Así o
contempla o sistema de transferencia de créditos ECTS.

En definitiva, a avaliación da asignatura Arte e Modernidade
conxuga as modalidades que se detallan a continuación:

 1. Unha avaliación
continuada
baseada na asistencia e realización dos exercicios e actividades
propostas aos grupos de traballo no seu correspondente seminario. A perteneza a
un grupo de traballo é inamovible (excepto causas de forza maior que o alumnado comunicará á profesora para a súa valoración). Non se valorará a realización de exercicios
fora do grupo de traballo correspondente. Si a implicación do alumnado nos
grupos de traballo é discontinuo (máis de dúas faltas) non se valorará a súa participación no mesmo. Terase
en conta a puntualidade das entregas dos exercicios nas datas estipuladas. A
falta de puntualidade nas entregas valorarase negativamente. A avaliación
continuada supón un 40% do valor da asignatura.

Os seminarios que forman parte da devandita avaliación son: 

  • ARCO 2024 (10%)
  • Aprender a leer as imaxes (10%)
  • Museos, coleccións e marchantes de arte (10%)
  • Análisis de Memorias de TFG (10%)

2. Seminario CÓMO REDACTAR UN RESUMO E UTILIZAR PALABRAS CLAVE 40%. O seminario consta de dúas partes: a primeira parte é unha explicación teórica da profesora; a segunda parte consiste na exposición oral do resumo o cal deberá sen entregado en papel á profesora.  

*É preciso ter en conta que moitos dos seminarios constan de dúas partes e que para que avaliación do mesmo sexa completa o alumando deberá asistira a ambas partes. 

3. Unha avaliación formalizada nunha proba de RESPOSTAS CURTAS relacionada coa comprensión crítica dos contidos da materia e a asimilación dos conceptos nos que se sustenta, cuxo valor supón un 40% do total da asignatura. A
aplicación da presente proba permítelle á profesora analizar resultados e obter
unha valoración individual das capacidades analíticas, de redacción e argumentación do alumnado.

O estudantado que opte pola modalidade de avaliación global deberá comunicarllo por escrito ao responsable da materia no prazo máximo dun mes dende o inicio da docencia da materia. 

ACLARACIÓNS IMPORTANTES:

1. Para que se contabilicen os exercicios/actividades realizadas nos SEMINARIOS (é dicir, para que
éstos fagan media co exame teórico) haberá que sacar un mínimo de 4 puntos na
proba teórica.

2. IMPORTANTE: As convocatorias de xuño/xullo son dúas
convocatorias diferentes. En ningún caso se pode entender a convocatoria de
xullo como unha oportunidade para subir nota.

3. Aconséllase subir FOTO recoñecible do alumnado á plataforma MOOVI. 

DATAS DE EXAMES:

  • Convocatoria de MAIO: P3, P4 xoves 23 de maio de 2024 entre as 16.00 e as 17.30 horas (Espazo 16); P1/P2: Venres 24 de maio de 2024 entre as 10.00 e as 11.30 horas (Espazo 16)
  • Convocatoria de XULLO:  P1, P2, P3, P4 luns 8 de xullo de 2024 entre as 12.00 e as 13.30 horas (Espazo 16).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000