Avaliación de primeira oportunidade Para superar a asignatura na 1ª oportunidade será necesario obter unha cualificación superior a 5 puntos sobre 10 na valoración conxunta da avaliación continua durante o desenvolvemento das clases e o exame na data oficial. Ademais, a cualificación do exame na data oficial debe ser superior ou igual a 5 puntos sobre 10. A cualificación final da avaliación continua obterase de acordo cos porcentaxes indicados. Para a avaliación global, realizarase un exame no día da data oficial, que inclúe todos os contidos da asignatura, incluíndo os contidos e métodos utilizados nos casos de estudo. A cualificación dese exame para superar a asignatura será de 5 puntos sobre 10. O calendario de probas de avaliación aprobado oficialmente pola Xunta de Centro da EEAE publicase na web: http://aero.uvigo.es/gl/docencia/exames As probas de avaliación continua realizaranse dentro do horario lectivo. O estudante ten dereito a optar pola avaliación global segundo o procedemento e o prazo establecido polo centro para cada convocatoria. Avaliación de segunda oportunidade O estudantado deberá presentarse ao exame de segunda convocatoria de todos os contidos da asignatura, que suporá o 100% da nota, se a nota final de avaliación continua é menor de 5 puntos sobre 10. Tamén terá que presentarse ao exame de segunda convocatoria nos seguintes supostos: - Obter unha nota inferior a 5 puntos sobre 10 no exame final de primeira oportunidade.
No caso de obter unha cualificación maior ou igual a 5 no exame de segunda oportunidade, a cualificación final da asignatura será a maior nota entre: - a nota do exame de 2ª convocatoria,
- a media das actividades realizadas durante o curso (promediando cos porcentaxes da táboa de avaliación, substituíndo a nota do exame de primeira convocatoria pola do exame de segunda convocatoria).
Avaliación de fin de carreira Para a avaliación de fin de carreira, realizarase un exame no día da data oficial, que inclúe todos os contidos da asignatura. A cualificación dese exame para superar a asignatura será de 5 puntos sobre 10. |