Guia docente 2023_24
Escuela de Ingeniería Aeronáutica y del Espacio
Grao en Enxeñaría Aeroespacial
 Materias
  Aerodinámica e aeroelasticidade
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Prácticas de laboratorio Realización de prácticas programadas utilizando o túnel de vento e procesos de fabricación de maquetas. A realización da práctica require a preparación da mesma mediante un deseño previo, a asistencia ás sesións de prácticas e a realización dun informe por parte do grupo de alumnos/as.
Estudo previo Estudo do alumnadoo de forma autónoma, co apoio do profesorado si así o require segundo os procedementos establecidos pola universidade
Traballo tutelado O traballo da materia consiste na realización dun proxecto aerodinámico baseado en perfís e ás de avión. O traballo realízao o grupo de alumnos/as, dedicando sesións de traballo en clase para tutorización e seguimento. O traballo está coordinado con outro traballo da materia Avións de á fixa e rotativa.
Resolución de problemas Resolución de problemas e/ou exercicios que tratan aspectos puntuais dos contidos da
materia, desenvolvidos polo profesorado e/ou o alumnado na aula
Obradoiro Taller de software de simulación aerodinámica, cuxa utilización serve de apoio para o resto da materia, tanto para a resolución de problemas, como para a elaboración das prácticas.
Lección maxistral Exposición dun tema ou resolución de problemas por parte do profesorado segundo un guión previamente establecido
Resolución de problemas Exame parcial 1 baseado na resolución de problemas e/ou cuestións conceptuais sobre os contidos da materia entre os temas 1 e 2.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000