Guia docente 2023_24
Escola Superior de Enxeñaría Informática
Grao en Intelixencia Artificial
 Materias
  Algoritmos básicos da intelixencia artificial
   Resultados de Formación e Aprendizaxe
Código Descrición
A2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
A4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
B3 Capacidade para deseñar e crear modelos e solucións de calidade baseadas en Intelixencia Artificial que sexan eficientes, robustas, transparentes e responsables
B4 Capacidade para seleccionar e xustificar os métodos e técnicas adecuadas para resolver un problema concreto, ou para desenvolver e propor novos métodos baseados en intelixencia artificial.
B5 Capacidade para concibir novos sistemas computacionales e/ou avaliar o rendemento de sistemas existentes, que integren modelos e técnicas de intelixencia artificial.
C16 Coñecer os fundamentos dos algoritmos da intelixencia artificial e a optimización, entender a súa complexidade computacional e saber aplicalos á resolución de problemas.
C17 Coñecer os aspectos fundamentais dos algoritmos metaheurísticos e bioinspirados para a resolución de problemas, ter capacidade para aplicalos e para deseñar novos modelos.
D1 Capacidade para comunicar e transmitir os seus coñecementos, habilidades e destrezas
D3 Capacidade para crear novos modelos e solucións de forma autónoma e creativa, adaptándose a novas situacións. Iniciativa e espírito emprendedor.
D5 Capacidade para desenvolver modelos, técnicas e solucións baseadas en intelixencia artificial que resulten éticas, non discriminatorias e confiables.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000