Guia docente 2023_24
Escola Superior de Enxeñaría Informática
Grao en Intelixencia Artificial
 Materias
  Optimización matemática
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas/cuestionarios nos que o alumno debe solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo/condiciones establecido/as polo profesor.

Resultados de aprendizaxe avaliados:
RA1, RA2, RA3, RA4
100 A2
A5
B2
B4
C1
C2
C3
C23
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

SISTEMA DE AVALIACIÓN CONTINUA

PROBAS TEÓRICAS

Descrición: Constará de varias probas a realizar ao longo do período
formativo vinculado á materia e que incluirán a avaliación de conceptos
teóricos, de identificación dos modelos de optimización adecuados e das
interrelacións entre optimización matemática e aprendizaxe automática.

Metodoloxía(s) aplicada(s): Resolución de problemas e/ou exercicios

% Cualificación: ningunha superará o 10%.

Competencias avaliadas: Todas.

Resultados de aprendizaxe
avaliados
: RA1, RA3, RA4.

----------------------------------------------------------------------------

PROBAS PRÁCTICAS

Descrición: Constará de varias probas a realizar ao longo do período
formativo vinculado á materia e que incluirá a resolución de problemas e/ou
exercicios.

Metodoloxía(s) aplicada(s): Resolución de problemas e/ou exercicios

% Cualificación: ningunha superará o 40%.

Competencias avaliadas: Todas.

Resultados de aprendizaxe
avaliados
: Todos.

----------------------------------------------------------------------------

PROBA FINAL

Descrición: Incluirá a avaliación de conceptos teóricos, prácticos e resolución
de problemas e/ou exercicios co obxectivo de comprobar que o alumnado haxa
afianzado os contidos da asignatura. O estudante que haxa obtido unha nota igual ou superior a 5
puntos (sobre 10)
na media ponderada do conxunto de todas as probas
realizadas ao longo do período formativo vinculado a asignatura está exento de realizar esta proba.

Metodoloxía(s) aplicada(s): Resolución de problemas e/ou exercicios

% Cualificación: 100%.

Competencias avaliadas: Todas

Resultados de aprendizaxe
avaliados
: Todos

----------------------------------------------------------------------------


  • Se un estudante non se presenta a algunha das
    probas, salvo na proba final, asignaráselle unha cualificación de 0 nela.

 



SISTEMA DE AVALIACIÓN GLOBAL

Procedemento para a elección da
modalidade de avaliación global:  

O estudantado deberá de comunicar ao coordinador da
materia a renuncia ao sistema de avaliación continua antes do último día do
período formativo vinculado á materia.

PROBA DE AVALIACIÓN GLOBAL

Descrición: Proba que incluirá a avaliación de conceptos teóricos, prácticos e
resolución de problemas e/ou exercicios.

Metodoloxía(s) aplicada(s): Resolución de problemas e/ou exercicios

% Cualificación: 100%.

Competencias avaliadas: Todas

Resultados de aprendizaxe
avaliados
: Todos

 



CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA
CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA E FIN DE CARREIRA

Empregarase o sistema de avaliación global.

 



PROCESO DE CUALIFICACIÓN DE ACTAS

Para a cualificación en actas terase en conta a
seguinte casuística:


  1. Os estudantes que opten polo sistema de avaliación
    global
     recibirán a cualificación obtida na proba de avaliación
    global.

  2. Os estudantes que opten polo sistema de avaliación
    continua:


    1. Se se presentan á proba final recibirán
      a cualificación obtida en devandita proba final.

    2. Se non se presentan á proba final:


      1. Se obtiveron unha nota media ponderada
        inferior a 5 puntos (sobre 10) nas probas teóricas e prácticas, recibirá
        a cualificación de "Non presentado".

      2. Noutro caso, recibirá a nota media ponderada
        das probas teóricas e prácticas como cualificación final.



 

DATAS DE AVALIACIÓN

As datas das probas correspondentes ao sistema de
avaliación continua publicaranse no calendario de actividades, dispoñible na
páxina web da ESEI https://esei.uvigo.es/docencia/horarios/.

As datas oficiais de exame das diferentes
convocatorias, aprobadas oficialmente pola Xunta de Centro da ESEI, atópanse
publicadas na páxina web da ESEI https://esei.uvigo.es/docencia/horarios/.

 

PROCEDEMENTOS FRAUDULENTOS

Aquel estudante que utilice ou coopere en
procedementos fraudulentos (copiar, presentarse por outro alumno, plaxio, ...)
nalgunha das actividades de avaliación (artigo 13.2.d) do Estatuto do Estudante
Universitario ) terá unha cualificación final de suspenso neste curso
académico. Este feito seralle comunicado á autoridade competente para que tome
as correspondentes accións disciplinarias que considere oportunas.

 

CONSULTA/SOLICITUDE DE TITORÍAS

As titorías poden consultarse a través da páxina
persoal do profesorado, accesible a través da https://esei.uvigo.es/docencia/profesorado/.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000