Guia docente 2023_24
Escola Superior de Enxeñaría Informática
Grao en Intelixencia Artificial
 Materias
  Bases de datos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Proba na que o/a estudante debe solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo/condicións establecido/as polo profesorado.
Resultados previstos na materia avaliados: RA1, RA3, RA4, RA6
50 A2
B2
B4
C12
D3
Prácticas de laboratorio Baséase na aplicación dos fundamentos teóricos da materia
Resultados previstos na materia avaliados: RA1
20 A2
B4
D2
D3
Exame de preguntas obxectivas Probas que avalían o coñecemento que inclúe preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). O alumnado selecciona unha resposta entre un número limitado de posibilidades. Resultados previstos na materia avaliados: RA2, RA5 30 A5
B2
C12
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

SISTEMA DE AVALIACIÓN CONTINUA



PROBA 1: Avaliación teórica



Descrición: Realización de cuestionarios e probas de exame
ao longo do curso que incluirán avaliación de conceptos teóricos e resolución
de exercicios.



Metodoloxías aplicadas: Resolución de problemas, Exame de
preguntas obxectivas



% Cualificación: 40%



Mínimo: 1,5 puntos (sobre 4).



Resultados de formación e aprendizaxe: A5, B2, C12



Resultados previstos na materia: RA2, RA4, RA5



----------------------------------------------------------------------------



PROBA 2: Práctica MERE



Descrición: Realización e defensa dunha práctica en grupo
que consistirá na resolución dun problema facendo uso do MERE. Ademais,
deberase realizar a transformación ao Modelo Relacional.



Metodoloxía aplicada: Prácticas de laboratorio



% Cualificación: 20%



Mínimo: 1 punto (sobre 2).



Resultados de formación e aprendizaxe: A2, B4, D2, D3



Resultados previstos na materia: RA1



----------------------------------------------------------------------------



PROBA 3: Práctica SQL



Descrición: Proba individual escrita que consistirá na
realización de consultas sobre unha base de datos mediante a utilización da
linguaxe SQL.



Metodoloxía aplicada: Resolución de problemas



% Cualificación: 25%



Mínimo: 1 punto (sobre 2,5).



Resultados de formación e aprendizaxe: A2, B2, D3



Resultados previstos na materia: RA3

 ----------------------------------------------------------------------------



PROBA 4: Manipulación de datos



Descrición: Proba individual que incluirá resolución de
exercicios relacionados coa modificación e manipulación de datos almacenados
nunha base de datos.



Metodoloxía aplicada: Resolución de problemas



% Cualificación: 15%



Mínimo: 0,5 puntos (sobre 1,5).



Resultados de formación e aprendizaxe: A2, B4, C12



Resultados previstos na materia: RA6



----------------------------------------------------------------------------

 



SISTEMA DE AVALIACIÓN GLOBAL



Procedemento para a elección da modalidade de avaliación
global:
Considérase que o/a estudante opta polo sistema de avaliación global se
non se presenta ao primeiro exame que forma parte da Proba 1 Avaliación teórica
do sistema de avaliación continua.

----------------------------------------------------------------------------



PROBA 1: Avaliación teórica



Descrición: Proba obxectiva que incluirá avaliación de
conceptos teóricos e resolución de exercicios.



Metodoloxía(s) aplicada(s): Resolución de problemas, Exame
de preguntas obxectivas



% Cualificación: 40%



Mínimo: 1,5 puntos (sobre 4).



Resultados de formación e aprendizaxe: A5, B2, C12



Resultados previstos na materia: RA2, RA4, RA5



----------------------------------------------------------------------------



PROBA 2: MERE, SQL E MANIPULACIÓN DE DATOS



Descrición: Proba individual que consistirá na resolución de
problemas facendo uso do MERE, transformación ao Modelo Relacional, realización
de consultas mediante a utilización da linguaxe SQL e manipulación de datos
sobre unha base de datos.



Metodoloxías aplicadas: Resolución de problemas.



% Cualificación: 60%



Mínimo: 2,5 puntos (sobre 6).



Resultados de formación e aprendizaxe: A2, B2, B4, C12, D2,
D3



Resultados previstos na materia: RA1, RA3, RA6



----------------------------------------------------------------------------

 



CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA E
FIN DE CARREIRA



Alumnado baixo o sistema de avaliación continua
:



- Deberá realizar a Proba 1, que se detalla a continuación,
se non alcanzou a cualificación de 1,5 puntos (sobre 4) na Proba 1 de
avaliación continua en primeira convocatoria.



- Deberá realizar a Proba 2, que se detalla a continuación,
se non alcanzou as cualificacións mínimas nas Probas 2, 3 e 4 de avaliación
continua en primeira convocatoria.



Alumnado baixo o sistema de avaliación global
:



- Deberá realizar a Proba 1, que se detalla a continuación,
se non alcanzou a cualificación de 1,5 puntos (sobre 4) na Proba 1 de
avaliación global en primeira convocatoria.



- Deberá realizar a Proba 2, que se detalla a continuación,
se non alcanzou a cualificación mínima de 2,5 (sobre 6) na Proba 2 de
avaliación global en primeira convocatoria.



----------------------------------------------------------------------------



PROBA 1: Avaliación teórica



Descrición: Proba obxectiva que incluirá avaliación de
conceptos teóricos e resolución de exercicios.



Metodoloxía(s) aplicada(s): Resolución de problemas, Exame
de preguntas obxectivas



% Cualificación: 40%



Mínimo: 1,5 puntos (sobre 4).



Resultados de formación e aprendizaxe: A5, B2, C12



Resultados previstos na materia: RA2, RA4, RA5



----------------------------------------------------------------------------



PROBA 2: MERE, SQL E MANIPULACIÓN DE DATOS



Descrición: Proba individual que consistirá na resolución de
problemas facendo uso do MERE, transformación ao Modelo Relacional, realización
de consultas mediante a utilización da linguaxe SQL e manipulación de datos
sobre unha base de datos.



Metodoloxías aplicadas: Resolución de problemas.



% Cualificación: 60%



Mínimo: 2,5 puntos (sobre 6).



Resultados de formación e aprendizaxe: A2, B2, B4, C12, D2,
D3



Resultados previstos na materia: RA1, RA3, RA6



----------------------------------------------------------------------------

 

 



PROCESO DE CUALIFICACIÓN DE ACTAS



Independentemente do sistema de avaliación e a convocatoria,
en caso de non superar algunha parte da avaliación, pero a puntuación global
fose superior a 4 (sobre 10), a cualificación en actas será 4.

 



DATAS DE AVALIACIÓN



As datas das probas correspondentes ao sistema de avaliación
continua publicarase no calendario de actividades, dispoñible na páxina web da
ESEI https://esei.uvigo.es/docencia/horarios/



As datas oficiais de exame das diferentes convocatorias,
aprobadas oficialmente pola Xunta de Centro da ESEI, atópanse publicadas na
páxina web da ESEI https://esei.uvigo.es/docencia/horarios/

 



EMPREGO DE DISPOSITIVOS MÓBILES



Lémbrase a todo o alumnado a prohibición do uso de
dispositivos móbiles en exercicios e prácticas, en cumprimento do artigo
13.2.d) do Estatuto do Estudante Universitario, relativo aos deberes do
estudiantado universitario, que establece o deber de "Absterse da
utilización ou cooperación en procedementos fraudulentos nas probas de
avaliación, nos traballos que se realicen ou en documentos oficiais da
universidade."

 



CONSULTA/SOLICITUDE DE TITORÍAS



As titorías poden consultarse a través da páxina persoal do
profesorado, accesible a través de https://esei.uvigo.es/docencia/profesorado/

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000