Guia docente 2023_24
Escola Superior de Enxeñaría Informática
Grao en Intelixencia Artificial
 Materias
  Informática: Programación II
   Resultados previstos na materia
Resultados previstos na materia Resultados de Formación e Aprendizaxe
RA1: Levar a cabo o proceso que permite, dende a abstracción, implementar código de alta calidade. B1
B4
C3
RA2: Aplicar programación modular para resolver problemas específicos no ámbito de IA. B3
B4
C3
C4
D2
RA3: Adquirir competencias para resolver problemas de forma metodolóxica e práctica. A4
B2
D3
RA4: Identificar e ter a capacidade para seleccionar nunha contorna práctica as principais librarías no campo de IA e Ciencia de Datos. A5
B1
B2
B4
RA5: Comprender os conceptos básicos da programación funcional e o lambda cálculo e demostrar en que medida a súa aplicación favorece o desenvolvemento de aplicacións de IA. C5
RA6: Adquirir as competencias para analizar a complexidade computacional dun determinado algoritmo, así como desarollar as capacidades necesarias para escoller a combinación de estruturas de datos e estratexia de resolución máis apropiada para resolver de modo eficiente (en termos de recursos espaciais e temporais) un determinado problema. A2
B1
B3
RA7: Analizar as alternativas para afrontar un problema e identificar que aspectos poden abordarse con IA e cales non. B2
B3
B4
C3
RA8: Comprender os principios necesarios para construír solucións complexas, escalables e robustas, centradas no/o usuario/a, nas que os compoñentes de IA encaixan como parte dun todo. A4
C3
C4
D3
RA9: Manexar técnicas e ferramentas de proba para asegurar a calidade dos resultados. A2
B3
B4
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000