Guia docente 2023_24
Escola Superior de Enxeñaría Informática
Grao en Intelixencia Artificial
 Materias
  Informática: Introdución ás computadoras
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Empregaranse distintas actividades na aula, dirixidas ao grupo completo ou a pequenos grupos.
Principalmente, realizaranse clases expositivas para o desenvolvemento dos contidos fundamentais da materia e, para conseguir a participación activa dos estudantes, levaranse a cabo actividades breves individuais ou en grupo que permitan aplicar os conceptos expostos e resolver problemas. Nas actividades propostas potenciarase a adquisición de coñecementos e a súa aplicación no ámbito profesional e investigador da Informática.
Prácticas de laboratorio Realizaranse actividades prácticas, sesións de laboratorio guiadas, seminarios de resolución de problemas, etc., baixo a dirección do profesorado. Poderanse incluír actividades previas e posteriores ás sesións de laboratorio que axuden a conseguir os obxectivos propostos. Fomentaranse especialmente as actividades encamiñadas a consolidar os coñecementos adquiridos e desenvolver a capacidade de resolver problemas en contornas novas.

AVALIACIÓN CONTINUA
Carácter: Obrigatorio
Asistencia: Non obrigatoria

AVALIACIÓN GLOBAL
Carácter: Obrigatorio
Traballo tutelado Sesións de tutorización e seguimento, que se poderán realizar de forma presencial ou por medios telemáticos (correo electrónico, videoconferencia, foros de Moovi, ...) mediante cita previa.
Resolución de problemas de forma autónoma Proporanse problemas para que o estudantado poida traballar de maneira autónoma, de cara a consolidar as competencias adquiridas na aula e desenvolver o seu espírito crítico e a súa capacidade de traballar en contornas novas.

AVALIACIÓN CONTINUA
Carácter: Obrigatorio
Asistencia: Non obrigatoria

AVALIACIÓN GLOBAL
Carácter: Obrigatorio
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000