Guia docente 2023_24
Escola Superior de Enxeñaría Informática
Grao en Enxeñaría Informática
 Materias
  Informática: Algoritmos e estruturas de datos I
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Flipped Learning Para as clases de teoría, o profesor proporcionará recursos de aprendizaxe e material de traballo
para que o alumnado o utilice fora da aula e farase uso do tempo de clase para facilitar e potenciar o proceso de adquisición e práctica de coñecementos.
Resolución de problemas Durante as sesións de aula o profesor proporá a realización de problemas, exercicios e outras
actividades complementarias para mellorar a comprensión dos recursos de aprendizaxe
proporcionados.
Prácticas de laboratorio Aplicación a nivel práctico da teoría dun ámbito de coñecemento nun contexto determinado. Exercicios prácticos a través dos laboratorios. Empregarase para a resolución de problemas a linguaxe de programación JAVA.
AVALIACIÓN CONTINUA
Carácter: Obrigatorio
Asistencia: Obrigatoria
AVALIACIÓN GLOBAL
Carácter: Non obrigatorio
Aprendizaxe colaborativa Cada membro do grupo do proxecto desenvolvido, deberá explicar a súa parte a cada un dos seus compañeiros. De forma que todos teñan un control absoluto da totalidade do proxecto.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000