Guia docente 2020_21
E. S. de Enxeñaría Informática
Grao en Enxeñaría Informática
 Materias
  Centros de datos
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada polo COVID-19, a Universidade de Vigo establece unha planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución determíneno atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou parcialmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun modo máis áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes.

=== ESCENARIO 1: DOCENCIA MIXTA ===
No caso dunha situación excepcional na cal non se poida empregar o aforamento completo das aulas nas que se imparta docencia realizarase unha docencia mixta, na que parte do alumnado poderá asistir presencialmente ás clases, mentres que outra parte do alumnado poderá seguir as clases de forma online a través do Campus Remoto.

En tal situación, manteranse as metodoloxías e sistemas de avaliación.
As avaliacións trataranse de facer de forma presencial sempre que sexa posible. No caso de non ser posible, realizaranse a través de Campus Remoto, Faitic e/ou outros servizos da Universidade de Vigo. En tal caso, comunicarase ao alumnado con suficiente antelación.

Respecto das titorías, estas faranse, preferentemente, de forma online.
Co fin de poder facer unha mellor organización, os alumnos deberán comunicar ao profesorado o seu desexo de realizar unha titoría de forma previa a través dun correo electrónico.

=== ESCENARIO 2: DOCENCIA NON PRESENCIAL ===
No caso dunha situación excepcional na cal non se poida impartir docencia presencial, impartiranse as clases de forma online a través do Campus Remoto.

En tal situación, manteranse as metodoloxías e sistemas de avaliación, coas adaptacións indicados neste apartado.

As avaliacións realizaranse a través de Campus Remoto, Faitic e/ou outros servizos da Universidade de Vigo. Estes cambios comunicaranse ao alumnado con suficiente antelación.

Respecto das titorías, faranse de forma online e, co fin de poder facer unha mellor organización, os alumnos deberán comunicar ao profesorado o seu desexo de realizar unha titoría de forma previa a través dun correo electrónico.

En casos excepcionais nos que un alumno xustifique a existencia dunha situación que lle impida seguir a materia de forma normal (p.ex. problemas de conectividade, problemas de conciliación, etc.), poderá acordar co profesorado a adaptación das datas das probas de avaliación, así como dos medios para realizalas. En calquera caso, manteranse os sistemas de avaliación previstos.

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN (ESCENARIO 2: DOCENCIA NON PRESENCIAL) ===
* Probas que se modifican
- "Exame de preguntas de desenvolvemento" -> Reduce peso na calificación final, quedando entre 40% e 55%, en función do peso finalmente asignado a "Tests online"

- "Traballo tutelado" -> Poderá pasar a ser unha actividades individual e reorientarase cara temáticas máis teóricas en lugar da orientación teórico-práctica habitual
Peso na calificación final: 20%

- "Prácticas de laboratorio" -> Peso na calificación final 25%

* Novas probas
- "Tests online"-> Reemplazarase parte da avaliación asignada a "Exame de preguntas de desenvolvemento" mediante o emprego de test semanais ou por temas realizados de forma online en FAITIC
Peso na calificación final: ata 15% (dependendo da cantidade de contidos que pasen a docencia 100% non presencial)

* Información adicional
- Na realización das "Prácticas de laboratorio" dun xeito 100% non presencial, se determinados alumnos presentaran problemas que impediran a súa realización (non dispor de hardware ou software axeitado, etc.) valorarase unha adaptación puntual dos exercicios propostos, consitente na proposta de actividades alternativas ou simplificación dos exercicios prantexados.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000