Guia docente 2020_21
E. S. de Enxeñaría Informática
Grao en Enxeñaría Informática
 Materias
  Sistemas operativos II
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===

== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ==
Debido á situación excepcional, ante a imposibilidade de poder impartir a docencia dun modo presencial, empregarnase medios virtuales para a impartición das clases. Empregarase Canpus Remoto, apoiado en Faitic como soporte de materiais e medio de comunición.
Facilitaranse as medidas para facilitar o traballo autónomo do alumnos e para solventar os problemas de conciliación ou conectividade. Se fose preciso organizarianse as actividades de xeito asíncrono.
A atención ao alumnado fariase tamén por medios telemáticos, a través do Campus Remoto e cun sistema de cita previa.

== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ==
Se non se puidesen facer as probas de xeito presencial faranse por medios telemáticos, en concreto a través de Campus Remoto+Faitic. O número de probas e a súa ponderación non variará, pero o formato terá que adaptarse a este medio, por exemplo cambiando probas sobre ordenador por test e/ou exercicios online.


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000