Guia docente 2020_21
Facultade de Ciencias da Educación e Traballo Social
Máster Universitario en Intervención Multidisciplinar na Diversidade en Contextos Educativos
 Materias
  Desenvolvemento Comunitario
   Competencias
Código Descrición
CE1 Comprender os principios básicos dos grandes ámbitos da diversidade dende unha perspectiva multidisciplinar, sendo capaz de decribir e comparar as diferentes correntes teóricas dominantes en cada ámbito da diversidade dende unha perspectiva multidisciplinar
CE2 Adquirir habilidades básicas de deseño, aplicación e avaliación de propostas de intervención dirixidas a traballar coa diversidade, valorando especialmente as aportacións innovadoras
CE3 Ser capaz de analizar prácticas profesionais relacionadas co tratamento da diversidade, detectando puntos fortes e débiles, con especial énfase nas de carácter innovador
CE4 Realizar estudos sistemáticos, sobre todo os que impliquen avances de prácticas educativas, sendo capaz de difundilos con claridade a diverso tipos de audiencias.
CE5 Elaborar materiais específicos para traballar coa diversidade, valorando, na medida das posibilidades, a súa aplicación na práctica
CE6 Coñecer a lexislación básica referida á diversidade nos contextos educativos e socio-educativos, analizando a súa implicación no exercicio profesional
CE7 Identificar os servizos de apoio escolares e socio-comunitarios que poden ser de utilidade no ámbito da diversidade
CE9 Comprender, analizar e valorar as dimensións éticas e políticas implícitas nos procesos educativos formais e non formais en contextos de diversidade
CT1 Utilizar as novas tecnoloxías en diferentes contextos: formativos, de investigación, de aplicación profesional, para difundir e compartir ideas, etc.
CT3 Adquirir condutas de respecto e de axuda. Ser sensibles a todo tipo de diversidade
CT5 Favorecer o traballo cooperativo, asumindo responsabilidades e aceptando a disparidade de opinións
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000