Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Traballo Social
 Materias
  Política social
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Participación cualificada na sesión. 5
Seminarios Busca e achega de documentación 0
Presentacións/exposicións Expoñer o traballo ao resto de compañeir@s.
Defender publicamente o seu traballo, respondendo ás preguntas e críticas dos seus compañeir@s e do docente.
Poderá explicar, a modo de conclusión, os problemas cos que se topou durante a elaboración do traballo.
10
Titoría en grupo Asistencia e participación nas entrevistas que o/a estudante mantén coa profesora da materia para o asesoramento/desenvolvemento de actividades da materia e do proceso de aprendizaxe. 0
Prácticas autónomas a través de TIC Realizar, na aula ou fóra dela, as actividades propostas nos Grupos Medianos. 15
Probas de tipo test Realización da proba.
40
Traballos e proxectos Realización e entrega do traballo a partir do guión porporcionado pola docente. 10
Probas de resposta curta Realización da proba. 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A avaliación da/vos estudantes matriculadas/vos en a materia farase atendendo aos criterios explicitados nesta guía.


a) Avaliación asistentes

Esta modalidade implica:


  • Asistencia (mínimo un 80%) e participación activa (0,5 puntos). 

  • Conexión e realización das tarefas requiridas no Programa TEMA. http://faitic.uvigo.es (1,5 puntos). 

  • Realización e exposición dun traballo que deberán entregar por escrito (2 puntos). Entregarase documentación con pautas e prazos para realización do traballo.  

  • Realización dun exame escrito. Modelo A (6 puntos).

Os alumnos que entreguen os traballos e tarefas fóra dos prazos acordados non se lles computará esa parte da cualificación en cada caso. O cumprimento e superación desta modalidade exime ao estudante de responder ás preguntas relativas á parte non asistencial no exame final do curso. As cualificación obtida no apartado práctico desta modalidade asistencial será sumada posteriormente á obtida no exame da primeira convocatoria e, no seu caso, a segunda convocatoria (*). 

b) Avaliación non asistentes

Esta modalidade implica:


  • Conexión e realización das tarefas requiridas no Programa TEMA http://faitic.uvigo.es Estableceranse prazos de entrega (1,5 punto) (*). 

  • Realización e entrega de dous comentarios críticos sobre unha selección de lecturas (1 punto). A comezo de curso deixarase na plataforma TEMA a documentación coa relación de lecturas, así como as pautas e os prazos de entrega.

  • Realización dun exame escrito (6 puntos). Responder ás preguntas específicas sobre as lecturas no exame (1,5 puntos). 

As e os estudantes que entreguen os traballos e exercicios fóra dos prazos acordados non se lles computará esa parte da cualificación en cada caso.

As actividades/competencias/probas non superadas durante o cuadrimestre poderán ser recuperadas na convocatoria de xullo. Non se gardarán notas dun curso a outro.

A 1ª convocatoria, no caso de non superar a materia, non consta no expediente académico. A cualificación faise efectiva na convocatoria de xullo.

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000