Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Social
 Materias
  Mediación en conflitos e situacións de violencia
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2014_15
Materia Mediación en conflitos e situacións de violencia Código O05G130V01502
Titulación
Grao en Educación Social
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 OB 3 1c
Lingua de impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Análise e intervención psicosocioeducativa
Coordinador/a
Lameiras Fernández, María
Correo-e lameiras@uvigo.es
Profesorado
Lameiras Fernández, María
Web
Descrición xeral Os termos "conflito" e "violencia" están estreitamente relacionados. O conflito é inherente á persoa humana e á sociedade: o individuo é un ser en conflito e non pode deixar de selo. Non obstante, non sucede o mesmo coa violencia: a violencia non está na natureza humana; senón tan só o potencial para a violencia, pero as circunstancias condicionan a realización dese potencial (Galtung, 1997). O conflito non necesariamente ten que rematar en violencia física ou verbal. O fracaso na transformación do conflito é o que conduce á violencia. A complexidade da sociedade actual está a xerar novas formas de conflito e violencia tanto nos espazos públicos como nos privados. A través do desenvolvemento dos contidos desta asignatura tentamos debater sobre os diferentes contextos de relación e socialización das persoas, identificar conflitos e situacións de violencia nos ámbitos familiar, penal xuvenil e escolar, analizando as súas causas e as respostas producidas; presentando posibles estratexias de xestión e resolución dos conflitos desde unha perspectiva positiva e creativa.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000