Educational guide 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Social
 Materias
  Educación social no sistema educativo
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Exposición por parte das profesoras dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo estudante.
Traballo tutelado A/O estudante, de maneira individual, elabora un documento sobre a temática da materia ou prepara seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias, etc. Xeralmente trátase dunha actividade autónoma do/s estudante/s que inclúe a procura e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía, redacción... O alumnado manterá entrevistas coas profesoras da materia para asesoramento / desenvolvemento de actividades da materia e do proceso de aprendizaxe.
Cartafol/dossier A/O estudante, de maneira individual, elabora un documento que recompile información sobre as experiencias, temario da materia, así como traballos e tarefas elaborados individualmente ou en grupo durante o proceso de formación. O dossier será ademais un instrumento de seguimento e avaliación continua do proceso educativo.
Presentación Presentación e exposición por parte do alumnado de traballos grupais tutelados pola/s profesora/s. O alumnado manterá entrevistas coas profesoras da materia para asesoramento/desenvolvemento de actividades da materia e do proceso de aprendizaxe.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000