Guia docente 2026_27
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Social
 Materias
  Educación social no sistema educativo
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Actividades introdutorias e de presentación da materia.
Exposición por parte da profesora dos contidos sobre a materia obxecto de estudo e as bases teóricas.
A lección maxistral estará combinada con dinámicas de aula orientadas a generar debates para fomentar a participación e o pensamento crítico do alumnado.
Traballo tutelado A/O estudante, de maneira individual, elabora un documento sobre a temática da materia ou prepara seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias, etc. Xeralmente trátase dunha actividade autónoma do/s estudante/s que inclúe a procura e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía, redacción... O alumnado manterá entrevistas coa profesora da materia para asesoramento / desenvolvemento de actividades da materia e do proceso de aprendizaxe.
Presentación Presentación, exposición e defensa por parte do alumnado de traballos grupais tutelados pola profesora. O alumnado manterá entrevistas coa profesora da materia para asesoramento/desenvolvemento de actividades da materia e do proceso de aprendizaxe.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000