Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Social
 Materias
  Educación: Educación permanente
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2014_15
Materia Educación: Educación permanente Código O05G130V01203
Titulación
Grao en Educación Social
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 FB 1 2c
Lingua de impartición
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Análise e intervención psicosocioeducativa
Coordinador/a
Pereira Domínguez, María Carmen
Correo-e mcdguez@uvigo.es
Profesorado
Pereira Domínguez, María Carmen
Web http://webs.uvigo.es/consumoetico
Descrición xeral O enfoque conceptual da materia de Educación Permanente presenta os diversos factores que condicionan os procesos de ensino e aprendizaxe no mundo, concretamente en Galicia, e España no marco da Unión Europea.
A nova concepción de cidadanía precisa da Educación Permanente para o desenvolvemento da súa formación persoal e profesional que responda ás novas perspectivas sociais que demanda a sociedade do coñecemento, a democracia participativa e as características propias do mercado laboral.
A Educación Permanente potencia as capacidades da cidadanía para acceder á formación e a autoformación necesarias cara ao logro do desenvolvemento dos saberes potenciais e expectativas que lle permiten participar, vivir e convivir en liberdade, democracia, xustiza e paz.
O deseño de proxectos é unha liña eficaz de comunicación e planificación das iniciativas da Educación Permanente, acorde aos modelos de xestión das diversas institucións e organismos competentes ou implicacións nas cuestións educativas e sociais ás que se dirixen os diversos proxectos.
Este programa elaborouse coa finalidade de pór en coñecemento a planificación, o desenvolvemento, avaliación e a mellora desta materia ao alumnado matriculado nela.
Con esta materia preténdese que os estudantes que cursan estes estudos acaden unha aproximación científica e interdisciplinar, ademais de fomentar a capacidade crítica, reflexiva e participativa. Polo tanto, esta asignatura ofrece unha experiencia formativa continua que favorece a integración deste campo educativo na súa futura implicación profesional, así como unha axeitada expectativa de saída laboral.

Obxectivos xerais
- Coñecer os fundamentos da Educación Permanente e a súa relación coas materias afíns anteriormente citadas.
- Indagar sobre o desenvolvemento e as accións da Educación Permanente nas diversas etapas evolutivas e diferentes colectivos de persoas.
- Comprender e respectar a diversidade e multiculturalidade, un reto de solidariedade na actual sociedade globalizada.
-Analizar de modo teórico-comprensivo a realidade institucional e social do sistema educativo galego, español e europeo.
- Coñecer e desenvolver programas de acción comunitaria no marco da Educación Permanente.
-Desenvolver as diversas actividades de Educación Permanente nos diferentes contextos: persoal, social e profesional.
-Aplicar estratexias grupais na aula que potencien procesos de intervención socioeducativa.
-Fomentar a concepción de ciudadanía que precisa a Educación Permanente para o desenvolmento da súa formación persoal e profesional.
-Deseñar e pór en marcha proxectos de intervención pedagóxica sobre Educación Permanente.
-Concebir as novas tecnoloxías como finalidade formativa continua. Considerando a diversas redes sociais.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000