Educational guide 2023_24
Facultade de Educación e Traballo Social
Grao en Educación Primaria
 Materias
  Educación física e a súa didáctica na educación primaria
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentación Deseño e posta en práctica dunha sesión de educación física dirixida ao alumnado da educación primaria. Partirase dos criterios de avaliación e contidos do currículo, utilizaranse diferentes estilos de ensino e/ou modelos pedagóxicos, e xestionaranse os tempos, espazos, materiais e a formación de grupos. 30 B1
B2
C57
C58
C59
C60
D2
D3
D8
D9
Traballo tutelado Presentación definitiva da sesión, propoñendo as modificacións oportunas en base ás coavaliacións dos compañeiros/as e á propia autoavaliación unha vez implementada a sesión. A proposta complementarase coa análise das tarefas, a programación dun trimestre de educación física e a proposta de avaliación. 20 B1
B2
B10
C57
C58
C59
C60
D8
D9
Aprendizaxe colaborativa Entrega das gravacións e actas das reunións de traballo colaborativo. As persoas que integran cada grupo de traballo deberán adoptar unha serie de roles e funcións que serán rotativos. 20 B2
B10
C57
C58
C59
C60
D2
D3
D8
D9
Exame de preguntas obxectivas Probas que avalían o coñecemento que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). Os alumnos/as
seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades.
30 B1
B2
B3
B4
B5
B6
B7
B8
B9
B10
B11
B12
C1
C2
C3
C5
C6
C7
C8
C11
C12
C13
C14
C15
C16
C17
C19
C20
C22
C23
C34
C57
C58
C59
C60
C61
C62
C63
C65
C66
C67
C68
C69
D1
D2
D3
D4
D5
D6
D7
D8
D9
D10
D11
D12
D13
D14
D15
D16
D17
D18
D19
D20
D21
D22
D23
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para o alumnado non asistente ou que non alcance o 85% da asistencia ás horas B da materia, o exame terá un valor do 60% e a presentación de traballos suporá o 40% (20% proba "traballo tutelado" e 20% proba "aprendizaxe colaborativa"). Ademais, estas persoas non asistentes ou que non asistan ao mínimo de sesións obrigatorias establecidas realizarán unha proba de tipo práctico que permita
comprobar a adquisición das competencias correspondentes (proba: "presentación"). Serán cualificadas como aptas ou non aptas nesta proba.

Tanto na modalidade de avaliación continua como na modalidade de avaliación global, para superar a materia é requisito superar cada unha das probas establecidas en devandita modalidade (a calificación mínima esixida é de 5 sobre 10 nas diferentes probas de avaliación). Unicamente a proba "aprendizaxe colaborativa" non terá cualificación mínima esixida. 

A cualificación final da materia (obtida a partir de todas as probas establecidas anteriormente, independentemente da esixencia ou non de cualificación mínima) será a seguinte:

  • 0-4,9: suspenso (SS)
  • 5,0-6,9: aprobado (AP)
  • 7,0-8,9: notable (NT)
  • 9,0-10: sobresaliente (SB)

As partes da materia superadas na 1ª oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2ª, considerándose, por tanto, como aprobadas nese curso académico. 

Naqueles casos extraordinarios nos que un alumno/a supere todas as probas que requiren unha cualificación mínima esixida, pero non alcance o 5 na cualificación final da materia, poderá realizar na 2ª oportunidade algunha proba xa superada na 1ª co obxectivo de poder superar a materia.

As datas oficiais dos exames poden consultarse na web da facultade no espazo "datas exames".

En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT).

Coa finalidade de favorecer a conciliación da vida laboral e a formación académica, os contidos, planificación, recursos metodolóxicos e sistema de avaliación adaptaranse para alumnado do curso ponte garantindo, en todo caso, a consecución das competencias e resultados de aprendizaxe establecidos neste documento. Abrirase un cartafol específico na plataforma Moovi na cal se informará das tarefas e probas de avaliación que guiarán o desenvolvemento desta materia para alumnado do curso ponte ou profesionais en exercicio.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000