Traballos tutelados |
Realización dun traballo proposto pola docente: Traballo por proxectos, Unidades Didácticas, Roteiros e Saídas escolares para Infantil e material elaborado. |
20 |
Probas de resposta longa, de desenvolvemento |
O alumnado deberá responder a unha proba de desenvolvemento dos coñecementos teóricos adquiridos. |
60 |
O alumnado debe presentarse aos parciais que liberarán da materia. De non superarse algún dos parciais ou os dous o alumnado deberá presentarse ao exame final oficial. Cando a materia quede suspensa deberá presentarse ao exame final extraordinario. Todos os exames realizaranse nas aulas indicadas. O alumnado debe aterse ao horario dos exames e ao lugar onde se indica que se realizan.
Aquel alumnado que non poida asistir ás clases por motivos xustificados deberá comunicalo ao comezo das clases informando do motivo. Ademais na ficha do alumno debe consignar dita información. Pode presentarse aos parciais ou realizar o exame final oficial debe facer entrega dos traballos que o docente lle demande. Neste caso o exame terá unha validez de 80% e os traballos de 20%. Só se fará entrega dos traballos que o docente solicite e non se admitirán outros diferentes ou a entrega de máis traballos dos solicitados.
O alumnado debe entregar obrigatoriamente a ficha do alumno.
As datas de examen podense consultar na páxina web da facultade. |