Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Aprendizaxe das ciencias sociais
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos de aula
Actividades diversas que se irán solicitando sobre a marcha das clases e poden ser: elaboración de exercicios sobre temas teóricos, elaboración de mapas conceptuais, lectura de textos e exposicións, elaboración de dossier...
10
Traballos tutelados Realización dun traballo proposto pola docente: Traballo por proxectos, Unidades Didácticas, Roteiros e Saídas escolares para Infantil e material elaborado. 20
Presentacións/exposicións Presentación e exposición do traballo elaborado en grupo. 10
Probas de resposta longa, de desenvolvemento O alumnado deberá responder a unha proba de desenvolvemento dos coñecementos teóricos adquiridos. 60
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado debe presentarse aos parciais que liberarán da materia. De non superarse algún dos parciais ou os dous o alumnado deberá presentarse ao exame final oficial. Cando a materia quede suspensa deberá presentarse ao exame final extraordinario. Todos os exames realizaranse nas aulas indicadas. O alumnado debe aterse ao horario dos exames e ao lugar onde se indica que se realizan. 


Aquel alumnado que non poida asistir ás clases por motivos xustificados deberá comunicalo ao comezo das clases informando do motivo. Ademais na ficha do alumno debe consignar dita información. Pode presentarse aos parciais ou realizar o exame final oficial debe facer entrega dos traballos que o docente lle demande. Neste caso o exame terá unha validez de 80% e os traballos de 20%. Só se fará entrega dos traballos que o docente solicite e non se admitirán outros diferentes ou a entrega de máis traballos dos solicitados. 


O alumnado debe entregar obrigatoriamente a ficha do alumno.


As datas de examen podense consultar na páxina web da facultade.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000