Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Educación: Escola inclusiva e atención á diversidade
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2014_15
Materia Educación: Escola inclusiva e atención á diversidade Código O05G110V01302
Titulación
Grao en Educación Infantil
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
6 FB 2 1c
Lingua de impartición
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Didáctica, organización escolar e métodos de investigación
Dpto. Externo
Coordinador/a
González Fontão, María del Pilar
Correo-e mpfontao@uvigo.es
Profesorado
González Fontão, María del Pilar
Web http://http://webs.uvigo.es/mpfontao
Descrición xeral A materia “Escola Inclusiva e Atención á Diversidade” ven a constituir unha asignatura de Formación Básica enmarcada no 2º curso do Plan de Estudos de Formación do Grao de Educación Infantil. Esta asignatura resulta relevante para a formación do futuro docente dado que nela analízanse e desenvólvense tendencias e aportacións actuais que permiten un acercamento ós coñecementos básicos sobre a Educación en situacións de diversidade. Así, a principal aprendizaxe que se pretende suscitar a través desta materia é a relativa á natureza e problemas que afectan á educación cando se enfrenta a situacións educativas heteroxéneas en Educación Infantil.

Dacordo coa actual situación do sistema educativo precisase duns profesionais cualificados que, ademáis de dispoñer dun coñecemento xeral acerca do deseño e planificación do ensino, ás características do proceso de ensino-aprendizaxe, etc., é necesario que sepan realizar esos deseños adaptados á diversidade de alumnado que teñen os centros educativos e as correspondentes aulas, tamén é preciso que coñezan as diferentes situacións educativas de nenos/as que presentan dificultades de aprendizaxe e atención co fin de descubrir e dispoñer medios e metodoloxías adecuadas, capaces de ofrecer as mellores posibilidades de educación e inclusión escolar.

Por conseguinte, esta materia, desde a perspectiva pedagóxica, constitúe un dos eixes centrais da formación do Grao en Educación Infantil xa que as competencias a desenvolver capacitarán ao futuro docente para, ademáis de coñecer a normativa legal e comprender que os Proxectos de Centro han de asumir a diversidade, poder identificar diversas necesidades educativas e saber desenvolver as oportunas intervencións na aula co obxecto de realizar unha axeitada atención educativa.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000