Guia docente 2025_26
Facultad de Educación y Trabajo Social
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Socioloxía: Socioloxía da educación
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Traballo previo de lectura de textos e valoración da participación na discusión común. 25
Aprendizaxe colaborativa Seguimento do traballo (aula e autónomo) a través de diferentes actividades individuais e/ou colectivas. Pode incluír avaliación entre pares e autoavaliación. 35
Exame de preguntas obxectivas Proba(s) sobre os contidos teóricos da materia. 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para aprobar a materia é imprescindible superar as tres probas/metodoloxías.

As datas oficiais dos exames poden consultarse na web da facultade no espazo 'datas exames'.

As partes da materia superadas na 1° oportunidade, non serán obxecto de avaliación na 2°, considerándose, polo tanto, como aprobadas nese curso académico.

O sistema de avaliación non establece diferenzas entre alumnado asistente ou non asistente.

En coherencia co carácter inclusivo que caracteriza a Facultade de Educación e Traballo social, esta guía poderá ser adaptada para atender ás necesidades específicas de apoio educativo que presente o alumnado adscrito ao programa PIUNE (PAT).

Coa finalidade de favorecer a conciliación da vida laboral e a formación académica, os contidos, planificación, recursos metodolóxicos e sistema de avaliación adaptaranse para alumnado do curso ponte garantindo, en todo caso, a consecución das competencias e resultados de aprendizaxe establecidos neste documento. Abrirase un cartafol específico na plataforma Moovi na cal se informará das tarefas e probas de avaliación que guiarán o desenvolvemento desta materia para alumnado do curso ponte ou profesionais en exercicio.

Esta materia enmárcase nunha Facultade comprometida coa sustentabilidade da contorna e das persoas. Atendendo a esta filosofía, esta materia promoverá prácticas educativas en base a materiais de baixo impacto ambiental en coherencia cos principios de sustentabilidade (ODS).

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000