Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias da Educación
Grao en Educación Infantil
 Materias
  Educación: Deseño e desenvolvemento do currículo da educación infantil
   Competencias de materia
Resultados previstos na materia Tipoloxía Resultados de Formación e Aprendizaxe
1. Analizar e comprender os procesos educativos na aula e fóra dela relativos ao período de 0- 6 anos.
saber
A1
B1
2. Coñecer e analizar elementos básicos do currículo de Educación Infantil e cuestionar criticamente as diversas tendencias e propostas curriculares da administración educativa.
saber
A3
B2
3. Deseñar, planificar e avaliar a actividade docente e a aprendizaxe na aula atendendo ás necesidades dos estudantes e transmitir seguridade, tranquilidade e afecto.
saber facer
A1
4. Seleccionar, desenvolver e avaliar contidos do curriculo mediante recursos didácticos axeitados e promover as competencias correspondentes nos estudantes.
saber facer
A1
5. Lograr unha capacidade de relación e de comunicación, así como de equilibrio emocional nas variadas circunstancias da actividade profesional.
Saber estar / ser
A2
A12
B11
6. Capacitarse para traballar en equipo cos compañeiros e outros profesionais dentro e fóra do centro como condición necesaria para a mellora da súa actividade profesional, compartindo saberes e experiencias.
Saber estar / ser
B8
B9
7. Preparar, seleccionar ou construír materiais didácticos e utilizalos nos marcos específicos das distintas disciplinas atendendo aos principios teóricos básicos da globalización e á súa aplicación ás etapas de Educación Infantil.
saber facer
A2
8. Desenvolver a capacidade para recopilar, analizar, elaborar, crear, seleccionar e avaliar materiais curriculares axeitados ás características do alumno de Educación Infantil. Controlar e facer o seguimento do proceso educativo e, en particular, de ensinanza-aprendizaxe mediante o dominio de técnicas e estratexias necesarias.
saber facer
A3
B2
9. Empregar a avaliación, na súa función propiamente pedagóxica e non meramente acreditativa, como elemento regulador e promotor do ensino, da aprendizaxe e da súa propia formación.
saber facer
A1
A2
B21
10. Potenciar o rendemento académico dos alumnos e o seu progreso escolar, no marco dunha educación integral.
saber facer
A2
11. Asumir a necesidade do desenvolvemento integral continuo, mediante a autoavaliación da propia práctica.
Saber estar / ser
B13
B16
12. Comprender que a dinámica diaria en educación infantil é cambiante en función de cada estudante, grupo e situación. Saber ser flexible no exercicio da función docente.
saber
saber facer
B12
B16
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000