Guia docente 2026_27
Facultad de Educación y Trabajo Social
Máster Universitario en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas. Especialidade (Ourense): Orientación
 Materias
  Prácticas Externas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticum, Practicas externas e clínicas Realización de prácticas coma docente nun centro de ensinanza secundaria (150 horas).
RESULTADOS DE APRENDIZAXE
-O alumnado será quen de planificar e avaliar as materias correspondentes á especialización.
-O alumnado será quen de dominar destrezas e habilidades sociais, así como demostrar un bo dominio da expresión oral e escrita, necesarios para fomentar un bo clima de aprendizaxe.
-O alumnado será quen refelxionar sobre a súa práctica docente así como propoñer accións de mellora
50
Informe de prácticas, prácticum e prácticas externas(Repetida non usar) Elaboración dunha memoria de prácticas na que se explique o paso polo centro de prácticas.

RESULTADOS DE APRENDIZAXE
-O alumnado será quen de planificar e avaliar as materias correspondentes á especialización.
-O alumnado será quen de dominar destrezas e habilidades sociais, así como demostrar un bo dominio da expresión oral e escrita, necesarios para fomentar un bo clima de aprendizaxe.
-O alumnado será quen refelxionar sobre a súa práctica docente así como propoñer accións de mellora
50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación

Probas de avaliación

1. Informe da persoa titora externa (0-10 puntos)

A persoa titora do centro de prácticas emitirá un informe no que se valorará o desenvolvemento das prácticas realizadas polo alumnado. Para a súa elaboración teranse en conta, entre outros, os seguintes aspectos:

  • Cumprimento do horario e das datas establecidas.
  • Grao de implicación e responsabilidade durante as prácticas.
  • Desempeño das tarefas encomendadas.
  • Valoración global da práctica docente desenvolvida.
  • Informe razoado da persoa titora, acompañado da folla de sinaturas acreditativa das horas de asistencia ao centro.

2. Memoria de prácticas (0-10 puntos)

A memoria será avaliada pola persoa titora da Universidade e deberá axustarse ás indicacións establecidas na Guía de Prácticas Externas.

Criterios de avaliación da memoria de prácticas

Na avaliación da memoria valorarase que o alumnado:

  • Axuste a memoria á estrutura e ao esquema establecidos na Guía de Prácticas.
  • Sexa quen de planificar o proceso de ensino-aprendizaxe das materias correspondentes á súa especialidade.
  • Sexa quen de deseñar e aplicar procedementos de avaliación adecuados ás materias da súa especialidade.
  • Demostre habilidades sociais e comunicativas, así como un adecuado dominio da expresión oral e escrita, favorecendo un clima positivo de aprendizaxe.
  • Reflexione de maneira crítica sobre a práctica docente desenvolvida e formule propostas de mellora fundamentadas.

Así mesmo, valoraranse os seguintes aspectos:

  • Claridade expositiva.
  • Estrutura e organización.
  • Calidade dos contidos.
  • Xustificación e argumentación.
  • Competencias docentes e discentes desenvolvidas.

Cualificación final

A cualificación final da materia calcularase mediante a media aritmética das cualificacións obtidas nos dous elementos de avaliación:

  • Informe da persoa titora externa.
  • Memoria de prácticas avaliada pola persoa titora da Universidade.
Para calcular a cualificación final será necesario obter unha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10 en cada un das dúas probas de avaliación.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000