Guia docente 2024_25
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  Investigación de mercados turísticos
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Actividades dos distintos temas da materia. 30 A2
A3
A4
B1
B2
B3
B7
B8
B9
B10
C9
C10
D2
Saídas de estudo Saídas e visitas a empresas relacionadas có contido da materia. 15 C10
Resolución de problemas e/ou exercicios Actvidades baseadas na resolución de exercicios da materia. 15 B1
B10
C9
C10
C12
D3
Exame de preguntas obxectivas Probas escritas:

-Parcial 1: 10%
-Parcial 2: 15%
-Parcial 3: 15%

Realizaranse na data asignada no cronograma da materia
40 B1
B10
C9
C10
C12
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACIÓN CONTINUA (AC)

Cada unha das dúas partes debe superarse, indistintamente: teórica (a través de tres probas parciais), ou práctica (mediante avaliación continua de traballos individuais e en grupo, resolución de exercicios e saídas formativas). É dicir, é necesario un mínimo do 50% en cada unha das partes para poder facer a media coa outra parte. A non realización dun parcial ou do 30% das actividades prácticas anula a avaliación continua.

As condutas inadecuadas, contrarias e prexudiciais para a convivencia, poderán ser sancionadas coa perda do dereito á avaliación continua por parte do estudante responsable.

AVALIACIÓN GLOBAL (AG)

Se o alumno non opta pola avaliación continua, terá que realizar unha proba escrita. Dita proba constará de catro partes: test (20% da nota), preguntas de verdadeiro/falso (20% da nota), preguntas curtas e exercicios prácticos (40% da nota), resolución dun caso práctico (20% da nota). Poderanse compersar as partes da proba, sempre e cando alomenos o estudante obteña un 40% da nota máxima de cada parte. A duración da proba será de noventa minutos.

Na segunda convocatoria (2ª OPORTUNIDADE), manterase o procedemento de avaliación anteriormente descrito. As datas e horarios das probas de avaliación das distintas convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso 2024-25. En caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames, prevalecerán as indicadas na páxina web da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo.

AVISOS DE AVALIACIÓN

O alumnado matriculado manifestará formalmente (por correo electrónico ou a través de Moovi) a súa intención de participar no sistema de avaliación continua. O prazo para o cambio ao sistema global de avaliación será o establecido pola Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo (do 21 de xaneiro ó 21 de febreiro do 2025, ámbolos dous días incluidos).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000