Educational guide 2021_22
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  Xestión dos recursos financeiros
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Resolución de problemas Resolución dunha proba escrita presencial composta de parte teórica (preguntas curtas ou test) e parte práctica. Poderase esixir un nivel mínimo para superala. 50 CG5
CG6
CG7
CE7
CE13
CT1
CT4
Lección maxistral Avaliación mediante a realización de exercicios e/ou preguntas curtas/test sobre os contidos expostos nas sesións maxistrais. Nas probas poderase esixir un nivel mínimo para superalas. 50 CB1
CB2
CB3
CB4
CB5
CG5
CG6
CG7
CE7
CE13
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación continua:
1.- Probas descritas obxecto de cualificación que configurarán o 50% da nota. Para a segunda convocatoria, de presentarse,  non se manterá a cualificación destas probas.
2.- Exame escrito, composto por parte práctica e teórica, que configura o 50% restante da nota. Este celebrarase ao final cuadrimestre. Esíxese un nivel mínimo obrigatorio para superalo.
A cualificación do/a estudiante que non supere os mínimos contemplados na proba será de suspenso. Os estudantes que non superen o paso 1 da avaliación continua, e os/as que non a seguiron, serán avaliados cun exame de carácter global sobre os coñecementos de todos os contidos da materia, destrezas na práctica e adaptación a novas situacións.
Esíxese un nivel mínimo obrigatorio para superalo. A cualificación do estudantes non supere os mínimos contemplados na proba será de suspenso.

Condutas inadecuadas, contrarias e prexudiciais á convivencia poderán ser sancionadas coa perda do dereito á avaliación continua por parte do estudante responsable. _____________________________________________________________________________________________

 Para a segunda convocatoria, realizarase unha proba escrita presencial que valorará as competencias do estudante sobre a materia, esixindo un nivel mínimo para superar a mesma. A cualificación do estudante que non supere os mínimos contemplados na proba será de suspenso. 

 __________________________________________________________________________________________________ 

 As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo para o curso 2021-22. En caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames, prevalecerán as sinaladas na páxina web da FCETOU.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000