==== ALUMNADO
XERAL ==== A nota final será o resultado da suma das metodoloxías descritas para a avaliación sempre que se aprobe o exame e o traballo. Se non se aproba exame e traballo de aula non se sumarán as cualificacións de cada avaliación e suspenderase a materia. Igualmente aínda aprobando exame e traballo será necesaria unha nota mínima de 5 para aprobar a materia. A avaliaicón continua require que o alumnado acade menos de 6 faltas de asistencia as aulas GG e as aulas de GM. O alumnado que requira avaliación global deberá comunicalo a través de Moovi etnre o 21 de xaneiro e o 21 de febreiro do 2025. A avaliación global terá o mesmo tipo de metodoloxías de avaliación. ======================================================================= A plataforma de aula
virtual conta con ferramentas para detectar posibles comportamentos anómalos e
deshonestos, así como para detectar posibles plaxios en traballos escritos. No
caso de detección de plaxio nalgunha proba/traballo/test/exame/actividade a
cualificación final da materia será Suspenso (0) e o feito será comunicado ao Decanato
do Centro para que adopte as medidas oportunas. Ao comezo do curso
indicarase, a través de Moovi, as características do traballo, exercicios,
probas, así como a bibliografía completa. Esta guía docente
anticipa as liñas de actuación que se deben levar a cabo co estudante na
materia e concíbese de forma flexible. En consecuencia, pode requirir reaxustes ao longo do curso
académico promovidos pola dinámica da clase e do grupo de destinatarios
real ou pola relevancia das situacións que puidesen xurdir. Así mesmo,
achegarase aos estudantes a información e pautas concretas que sexan
necesarias en cada momento do proceso formativo. Moovi será a plataforma
utilizada para a difusión desta información. Ante calquera contradición
que se puidera dar entre as distintas versións da guía, por mor dalgún erro na tradución,
a versión que prevalecerá é esta versión na lingua galega. As datas e horarios
das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no
calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso actual. No caso de conflito ou disparidade entre as datas dos exames
prevalecerán as sinaladas na páxina web da FCETOU. |