Educational guide 2023_24
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Turismo
 Materias
  Empresa: Dirección e xestión de entidades turísticas II
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas Proba na que o alumno debe solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo/condicións establecido/as polo profesor. 20 A2
A3
A4
B1
B3
B5
B7
B8
C1
C5
C11
C13
D1
D3
D4
Estudo de casos Análise dun feito, problema ou suceso real coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipóteses, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos, diagnosticalo e adestrarse en procedementos alternativos de solución. 10 A2
A4
B3
B5
C10
C11
C12
C13
D1
D3
D4
Exame de preguntas obxectivas Probas que avalían o coñecemento que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección única, elección múltiple, emparellamento de elementos...). 70 A2
A3
B3
B5
B8
C1
C5
C11
C13
D1
D3
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

AVALIACIÓN CONTINUA: A realización das actividades dependerá en gran medida do
número de alumnos, medios para traballo en grupo, etc. Estas probas de
avaliación continua estarán dirixidas a avaliar as actividades desenvolvidas
polas alumnas e alumnos nas sesións presenciais  nas que se valorará a
correcta realización das tarefas encomendadas, que poden incluir a resolución
de cuestionarios, estudos de caso, traballos individuais ou en grupo,
realización  e exposición oral de traballos dalgúns temas acordado coa profesora. Neste bloque presencial tense en conta a participación e
creatividade do alumnado.

- Para seguir a Avaliación Continua é obrigatorio presentarse ós exames parciais da materia, e ter un mínimo de asistencia dun 80% ás clases prácticas. As prácticas que conleven facer presentacións na aula só serán avaliadas se o alumno ou alumna as presenta e defende na aula, a menos que exista unha xustificación da súa ausencia na aula nese día co cal se computaría a práctica entregada igualmente por a plataforma.

- O prazo para mudar de avaliación continua a Global será do 29 de xaneiro a 29 de febreiro, comunicándoo á profesora neste prazo.

- Enténdese que os estudantes que teñan algunha cualificación nalgunha das actividades obxecto de avaliación seguen a avaliación continua e optan, por tanto, por este sistema de avaliación. 

- Contémplase a realización de tres
exames parciais da materia, o que se anunciaría  nas clases e a través da
plataforma de teledocencia. No caso de seguir o sistema de avaliación continua
e non superar os dous primeiros parciais, os estudantes van con toda a materia
ó exame final.

Os exames parciais constan de dúas
partes teoría e práctica, e deben aprobarse as dúas partes para eliminar a
materia correspondente cunha nota mímima de 5 puntos.

 - As notas das actividades de
avaliación continua gárdanse ata a 2ª convocatoria oficial de xullo.

 - En todos os exames será
obrigatorio identificarse de forma oficial (DNI, pasaporte) e esta prohibido o
uso de dispositivos móbiles, smartphone ou calquera outro dispositivo electrónico,
mesmo cando estean apagado ou en repouso. Incumprir estas dúas condicións
invalida a convocatoria para o cal este concorrendo.  

- No caso de que un alumno sexa collido copiando nun exame parcial será motivo de pérdida da avaliación continua e a nota do exame será 0. 

- Datas e horarios de probas de
avaliación de diferentes chamadas especifícanse no programa de probas de
avaliación aprobado pola Xunta de Centro para o curso 2023-2024. No caso de
conflicto ou disparidade entre as datas das probas prevaleceran as sinaladas na
web da FCETOU. 

 

AVALIACIÓN NON CONTINUA: Exame final que incluirá contidos teóricos e /ou
prácticos mediante preguntas que poden ser tipo test, curtas, de
desenvolvemento ou estudios de casos. 

Consta duha parte teórica que
representa o 50% da nota e unha parte práctica que é o outro 50% da nota, e
deben superarse as dúas partes. Esta proba é destinada a avaliar a comprensión
dos conceptos adquiridos na materia, asumindo o 100% da nota e avaliar así
tanto os conceptos de materia, como a claridade da exposición e o uso
gramatical e ortográfico correcto.

 - No caso de que un alumno sexa collido copiando no exame final será motivo de suspender esa convocatoria e a nota global do exame será 0. 

Para Avaliación continua e non
continua:

 - As características concretas
do exame final, tanto na avaliación continua como na non continua, serán
detalladas por parte da coordinadora da materia (na clase e a través da
plataforma de teledocencia), con anticipación ó mesmo.

  - Os estudantes para aprobar
a materia deben obter unha nota igual ou superior a 5 puntos, sendo obrigatorio
en tódolos casos superar o exame final ou os tres parciais.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000