Guia docente 2024_25
Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Grao en Turismo
 Resultados de Formación e Aprendizaxe


Sinale A Código Resultados de Formación e Aprendizaxe
  A1 Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
  A2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
  A3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
  A4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado.
  A5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Sinale B Código Coñecementos
  B1 Habilidades no manexo das TIC para a procura e uso da información
  B2 Ser capaz de analizar, sintetizar e administrar datos derivados das observacións usando os fundamentos técnicos cuantitativos e de predición
  B3 Capacidade para interpretar criticamente datos e texto
  B4 Dominio do inglés e perfeccionamento e intensificación, como mínimo, dunha segunda lingua estranxeira
  B5 Capacidade de comunicación oral e escrita
  B6 Mobilidade e adaptabilidade a diferentes medios e situacións
  B7 Capacidade de traballo en equipo, así como a nivel individual
  B8 Capacidade de aprendizaxe e traballo autónomo
  B9 Capacidade de aplicar os coñecementos teóricos e prácticos adquiridos nun contexto académico especializado
  B10 Capacidade para tornar un problema empírico en obxecto de investigación e elaborar conclusións
Sinale C Código Habilidades
  C1 Comprender e interpretar coñecementos ao respecto dos axentes económicos que interveñen no turismo e das relacións que se establecen entre eles.
  C2 Comprender e interpretar coñecementos ao respecto de políticas públicas, estrutura e evolución dos mercados turísticos: relacións nacionais e internacionais.
  C3 Comprender e interpretar coñecementos ao respecto dos recursos naturais, culturais e patrimoniais relacionados coa actividade turística.
  C4 Comprender e interpretar coñecementos ao respecto das diferentes manifestacións antropolóxicas, culturais e sociais que incentivan a actividade turística.
  C5 Comprender e interpretar coñecementos ao respecto dos fundamentos da xestión de empresas turísticas: problemas económicos internos e interrelacións entre os distintos subsistemas
  C6 Comprender e interpretar coñecementos ao respecto dos fundamentos do marketing turístico así como obxectivos, estratexias e políticas comerciais
  C7 Comprender e interpretar coñecementos ao respecto da xestión da información financeira e analítica da empresa turística
  C8 Comprender e interpretar coñecementos ao respecto do marco legal que regula as actividades turísticas.
  C9 Comprender e interpretar coñecementos ao respecto das técnicas básicas de investigación e prospectiva en materia turística.
  C10 Analizar e avaliar os impactos xerados polo turismo
  C11 Identificar os procesos operativos en empresas turísticas.
  C12 Comprender o comportamento das persoas en empresas turísticas e aplicar as técnicas e métodos de dirección de persoal
  C13 Avaliar alternativas de planificación, dirección e control de empresas turísticas, así como saber tomar decisións estratéxicas.
  C14 Desempeñar actividades profesionais en inglés e outras linguas estranxeiras dentro do sector turístico
  C15 Orientación do servizo ao cliente
Sinale D Código Competencias
  D1 Responsabilidade e capacidade para asumir compromisos
  D2 Compromiso ético
  D3 Creatividade
  D4 Iniciativa empresarial
  D5 Motivación pola calidade
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000