Código |
Descrición |
B1 |
CON-01 Recoñecer na elaboración de documentos procesuais, nos interrogatorios e nas probas periciais, as técnicas dirixidas á averiguación e o establecemento dos feitos nos diferentes tipos de procedemento. |
B4 |
CON-04 Recoñecer as situacións de conflito de intereses que poden producirse na práctica profesional. |
B5 |
CON-05 Identificar as técnicas de resolución de conflitos mas pertinentes en cada situación e contexto. |
B8 |
CON-08 Recoñecer o instrumento xurídico procedente para representar aos interesados ante terceiros, ante as administracións públicas e ante os órganos xurisdiccionais. |
C1 |
HAB-01 Aplicar correcta e adecuadamente os coñecementos especializados adquiridos no grao no exercicio profesional ante tribunais ou autoridades públicas, así como nas funcións de asesoramento respectando os principios e valores democráticos e os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable. |
C2 |
HAB-02 Empregar convenientemente os métodos alternativos á vía xurisdiccional para a resolución de conflitos xurídicos. |
C4 |
HAB-04 Diferenciar, de forma clara e precisa, os intereses privados que representan aos/as profesionais do Dereito dos de carácter público, cuxa execución a lei e os tribunais encoméndanlle, para unha colaboración eficaz cos tribunais na execución das resolucións xudiciais. |
C5 |
HAB-05 Aplicar as técnicas de resolución de conflitos mais pertinentes a cada situación e contexto, establecer o alcance do segredo profesional e preservar a independencia de criterio. |
C9 |
HAB-09 Desenvolver traballos profesionais en equipos especializados e interdisciplinares. |
D2 |
COMP-02 Coñecer e utilizar adecuadamente as técnicas procesuais na execución dos actos que teñen lugar nos distintos órdenes xurisdiccionais, con especial atención aos prazos, actas de comunicación, execución e vías de apremio. |
D6 |
COMP-06 Expresarse oralmente e por escrito, de forma adecuada ao contexto e ás necesidades ou características especiais de cada destinatario/a, e extraer das feitos consecuencias xurídicas de forma argumentada, en todos os ámbitos procedimentais. |