1. CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA ASISTENTES 1ª EDICIÓN DE ACTAS: Parte teórica e parte práctica: para superar a materia de Teoria do Dereito será necesario aprobar tanto a parte teórica como
a parte práctica. As probas están especificadas nos apartados anteriores, así como os resultados de aprendizaxe que se deben adquirir coa materia: Requisitos para superar a avaliación continua: a) Parte teórica: superar cada una das probas obxectivas de avaliación e asistencia ao 80% das clases. b) Parte práctica: -Que a media das probas realizadas sexa de 5 puntos. -Asistencia ao 80% das clases. Unha vez superado o prazo dun mes, desde o comezo do cuadrimestre no que se
imparte a materia, habilitarase un prazo de 10 días hábiles para que o alumnado
matriculado manifeste, formalmente, a súa intención de acollerse ao sistema de
avaliación continua. As titorías do profesorado da materia pode consultarse e/ou solicitarse no/ seguinte/s
enlace/s: https://dereito.uvigo.es/es/docencia/profesorado/susana-alvarez-gonzalez/ https://dereito.uvigo.es/es/docencia/profesorado/pablo-raul-bonorino-ramirez/ https://dereito.uvigo.es/es/docencia/profesorado/jose-feijoo-miranda/ 2.CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA NON ASISTENTES 1ª EDICIÓN DE ACTAS. Avaliación de competencias para os/as alumnos/as que
non se sometan á avaliación continua: proba obxectiva teórica (60%) e proba práctica (40%) consistente nun
exame final da materia que abarca contidos teórico-practicos. As competencias que deben adquirir os estudantes e os resultados de aprendizaxe son as descritas no primeiro apartado. Para superar a materia de Teoria do Dereito será necesario aprobar tanto a parte teórica como
a parte práctica 3. CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS E FIN DE CARREIRA. A adquisión de
competencias na segunda oportunidade avaliarase a través dunha proba
obxectiva consistente nun exame final de cada unha das partes nas que se divide a materia. Nas devanditas probas avaliaranse as competencias non adquiridas previamente así coma os resultados de aprendizaxe vinculados ás mesmas. As datas, horarios e lugar de realización das probas de avaliación das diferentes convocatorias serán os sinalados no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade para o presente curso e documentación concordante. As cualificacións publicaranse na plataforma interna ou aula virtual oficial da Universidade de Vigo con acceso limitado ao profesorado da materia e ao estudantado matriculado. De ser necesario, por motivos excepcionais, precisar os métodos de avaliación sinalados na guía, tales precisións publicaranse no mesmo soporte telemático. |