O alumno terá a oportunidade de ser avaliado polo sistema de avaliación continua ou polo sistema de avaliación final.
1. CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA ASISTENTES 1ª EDICIÓN DE ACTAS
Que alumnos poden someterse ao sistema de avaliación continua?
Unicamente poderá someterse ao sistema de avaliación continua quen realice as dúas probas tipo test de contido teórico, a proba de resolución de caso práctico e o proxecto ou traballo en grupo e de acordo coas instrucións do profesor. Se algún alumno non se presenta a algunha das probas o traballo que se estabrecen para a avaliación continua, obterá unha nota de 0 en dita proba, ainda que continuará dentro da avaliación continua.
En que consistirá a avaliación polo sistema de avaliación continua?
Realizaranse as seguintes probas:
- Dúas probas tipo test nas datas fixadas polo profesor. Estas probas terán un contido teórico. A nota media de ambas constituirá o 50% da cualificación final.
- Unha proba de resolución de caso práctico na data e hora aprobada pola Xunta da Facultade. A nota desta proba constituirá o 30% da cualificación final.
- A realización e presentación dun proxecto ou traballo en grupo e de acordo coas instrucións do profesor. O proxecto ou traballo presentarase na data fixada polo profesor. A nota desta actividade constituirá o 20% da cualificación final.
Para superar a materia polo sistema de avaliación continua, sera necesario obter unha cualificación mínima de 5 puntos sobre 10 nas dúas probas teóricas, na proba de resolución de caso práctico e no proxecto ou traballo en grupo.
2. CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA NON ASISTENTES 1ª EDICIÓN DE ACTAS
Que alumnos poden someterse ao sistema de avaliación final?
Poden someterse ao sistema de avaliación final os alumnos que non se presentaron á totalidade das probas previstas para o sistema de avaliación continua.
En que consistirá a avaliación polo sistema de avaliación final?
Realizaranse as seguintes probas:
- Unha proba tipo test na datas e hora aprobada pola Xunta de Facultade. Esta proba terá un contido teórico e a nota obtida na mesma constituirá o 50% da cualificación final.
- Unha proba de resolución de caso práctico na data e hora aprobada pola Xunta de Facultade. A nota desta proba constituirá o 50% da cualificación final.
Para superar a materia polo sistema de avaliación final, sera necesario obter unha cualificación mínima de 5 puntos sobre 10 na proba teórica e na proba de resolución de caso práctico .
3. CRITERIOS DE AVALIACIÓN PARA 2ª EDICIÓN DE ACTAS E FIN DE CARREIRA
Realizaranse as seguintes probas:
- Unha proba tipo test na data e hora aprobada pola Xunta de Facultade. Esta proba terá un contido teórico e a nota obtida na mesma constituirá o 50% da cualificación final.
- Unha proba de resolución de caso práctico na data e hora aprobada pola Xunta de Facultade. A nota desta proba constituirá o 50% da cualificación final.
Para superar a materia polo sistema de avaliación final, sera necesario obter unha cualificación mínima de 5 puntos sobre 10 na proba teórica e na proba de resolución de caso práctico
4.- OUTROS COMENTARIOS EN SEGUNDA OPCIÓN
Competencias avaliadas: as mismas que no sistema de avaliación para asistentes.
Resultados do aprendizaxe avaliados: Os mismos que no sistema de avaliación para asistentes.
As datas, horarios e lugar de
realización das probas de avaliación das diferentes convocatorias serán os
sinalados no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de
Facultade para o curso 2022-2023 e documentación concordante.
As cualificacións publicaranse na
plataforma interna ou aula virtual oficial da Universidade de Vigo con acceso
limitado ao profesorado da materia e a todo o estudantado matriculado. De ser
necesario, por motivos excepcionais, modificar ou precisar os métodos de
avaliación sinalados na guía, tales modificacións ou precisións publicaranse no
mesmo soporte telemático.