Guia docente 2023_24
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Sistemas xurídicos contemporáneos: Dereito continental e dereito anglosaxón
   Plan de Continxencias
 
Descrición
ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===

A metodoloxía docente mantense: clases teóricas, resolución de casos prácticos e tamén exposición dalgún sistema xurídico contemporáneo con participación directa dos discentes, coa diferenza de que poderán seguirse tamén no campus remoto.

As tutorías faranse no campus remoto polo docente, no seu
despacho virtual, previa comunicación do discente mediante correo electrónico.

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
* Probas que se modifican.

Modifícase a proba final, que deixa de ser escrita e presencial, e
pasa a ser on line e oral. Consistirá en responder a dúas ou tres preguntas, que poden ser de relacionar conceptos, diferenzas, casos prácticos, de comprensión e coñecemento da materia, e non sólo de memorizar.

Proba necesaria.
Exposición sistema xurídico contemporáneo: será obligatoria, online, e non presencial como sería sen circunstancias excepcionais.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000