Guia docente 2023_24
Facultade de Dereito
Grao en Dereito
 Materias
  Sistemas xurídicos contemporáneos: Dereito continental e dereito anglosaxón
   Contidos
Tema Subtema
I. O RENACEMENTO XURIDlCO MEDIEVAL E A FORMACION DUN DEREITO COMUN EUROPEO (SÉCULOS XII a XV)
Tema1.- SUPOSTOS CULTURAIS E POLITICOS DO RENACEMENTO XURIDICO MEDIEVAL
1.- Significación do fenómeno na cultura xurídica europea. 2.- Elementos configuradores da identidade político-cultural do Medievo.

Tema 2.- A TRADICION XURIDICA ROMANO CANONICA
1.- Asimilación científica do dereito romano-xustinianeo. 2.- Formación dun sistema de dereito común romano-canónico por obra da xurisprudencia. 3.- Difusión do dereito común romano-canónico no continente europeo como fenómeno cultural.

Tema 3. A TRADICION XURIDICA DO COMMON LAW E A EQUITY
1.- Configuración xudicial do dereito inglés. 2.- Incidencia da tradición xurídica romano-canónica na formación do dereito inglés.

II. O DEREITO COMPARADO Tema 4.- HISTORIA DO DEREITO COMPARADO.

1.- O século XIX. 2.- O periodo de 1918 a 1945. 3.- A época actual. 4.- Funcións do dereito comparado. 4.1.- Unificación do dereito. 4.2.- Entendemento internacional. 4.3.- Un mellor coñecemento do dereito nacional.
III. FAMILIAS XURÍDICAS. Tema 5. O CONCEPTO DE FAMILIA XURÍDICA.
1. Agrupamento dos dereitos en familias. 2. Elementos variables e constantes no dereito. 3. Criterio para a clasificación dos dereitos en familias.

Tema 6. AS FAMILIAS XURÍDICAS DO MUNDO CONTEMPORÁNEO.
1. Familia romano-xermánica. 2. Familia do Common Law. 3. Relación entre estas dous familias. 4. Familia dos laws e da Equity. 4.1.- Carácter fundamental da distinción. 4.2.- Aplicacións da Equity. 4.3.- A Equity dende 1875. 5.- Importancia do dereito adxectivo. 6.- A norma xurídica (legal rule).
IV. FAMILIA DO COMMON LAW. Tema 7.- A FAMILIA DO COMMON LAW (1): ESTRUCTURA DO DEREITO INGLÉS

l.- Orixinalidade das categorías e conceptos do dereito inglés. 2.- Explicación histórica da estructura do dereito inglés. 3.- Función das universidades. 4.- Common Law e Equity.

Tema 8.- A FAMILIA DO COMMON LAW (2): FONTES DO DEREITO

1.- A Lei. 1.1.- A Lei elemento extraño no dereito inglés. 1.2. Importancia actual da Lei. 2.- O costume. 3.- O precedente Xurisprudencial. 4.- Os principios xurídicos.

Tema 9.- A FAMILIA DO COMMON LAW (3): ORGANIZACIÓN DA XUSTICIA INGLESA

1.- Os tribunais ordinarios. 1.1.- Os tribunais inferiores. 1.2.- Os tribunais superiores. 2.- As restantes xurisdiccións. 3.- O Ministerio Público. 4.- Os profesionais. 4.1.- Barristers.
4.2.-Solicitors.

Tema 10.- A FAMILIA DO COMMON LAW (4): O PROCEDEMENTO PENAL INGLES

1. - Principios xerais. 2. - Clasificacións dos delitos. 3.- As penas. 4.- Reglas especiais do procedemento criminal. 4.1.- Iniciación do proceso. 4.2.- Vista preliminar. 4.3.- O procedemento rápido. 5.- Os xuicios con xurado. 5.1.- O xurado. 5.2.- A vista oral. O discurso de apertura.5.3.- As probas. 5.4.- O discurso final. 5.5.- A sentencia.

Tema 11.- A FAMILIA DO COMMON LAW (5): O PROCEDEMENTO CIVIL INGLES.

1.- Principios xerais. 2.- A demanda. 3.- A fase interlocutoria. 4.- A vista oral. 5.- As sentencias e los fallos: a doctrina do precedente. 6.- A execución das sentencias. 7.- O recurso de apelación.

Tema 12: A FAMILIA DO COMMON LAW (6): ALGUNHAS INSTITUCIÓNS TÍPICAS DO COMMON LAW.

1.- Os dereitos reais. 1.1.- O dereito de propiedade: a terra como obxecto da propiedade. 1.2.- Dereitos legais e de equidade sobre inmobles. 1.3.- A propiedade dos bens mobles. (Chattels). 1.4.- Enaxenación da propiedade. 2.- Administracións (trusts). 2.1.- Reglas para a administración dos trusts. 2.2.- Salvaguardas dos trusts. 3.- Torts.

Tema 13. -O COMMON LAW NOS EEUU DE AMÉRICA.

1.- O dereito nos Estados Unidos de América. 1.1.- Factores históricos de diferenciación. 1.2.- Estructura do Dereito nos Estados Unidos. 1.3.- Fontes do Dereito.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000