Guia docente 2018_19
Facultade de Historia
Máster Universitario en Valoración, xestión e protección do patrimonio cultural
 Materias
  Educación patrimonial e innovación social
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Probas de resposta curta Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas directas sobre un aspecto concreto. Os alumnos deben responder de maneira directa e breve en base aos coñecementos que teñen sobre a materia. 20
CG1
CE8
Traballo
É un texto elaborado sobre un tema e debe redactarse seguindo unhas normas establecidas.
50
CB4
CE13
CE14
CT3
Outras Valorarase a participación activa nas distintas actividades por medios telemáticos de cara a capacitar ao alumnado para a creación de proxectos de educación patrimonial e innovación social. 30
CT2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Cada estudante, segundo a normativa vixente, ten dúas convocatorias de avaliación.

A primeira leva a cabo durante o cuadrimestre de docencia. En primeiro lugar, ao longo das semanas de docencia da materia, mediante a entrega das actividades de avaliación requiridas. No caso de que as semanas de docencia da materia non sexan suficientes para a entrega de todos os traballos previstos, habilitaranse na plataforma de docencia dúas semanas adicionais, ao final do cuadrimestre, para facilitar a devandita entrega, establecéndose neste caso un cronograma alternativo de entrega de tarefas.

A segunda avaliación realízase no mes de xullo, para o cal se habilitará de novo o acceso á plataforma docente. Se se aprobou a primeira convocatoria, xa non será posible presentarse para mellorar nota na segunda.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000