Guia docente 2023_24
Facultad de Historia
Máster Universitario en Valoración, xestión e protección do patrimonio cultural
 Materias
  Educación patrimonial e innovación social
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas directas sobre un aspecto concreto. Os alumnos deben responder de maneira directa e breve en base aos coñecementos que teñen sobre a materia. 20 B1
C8
Traballo
É un texto elaborado sobre un tema e debe redactarse seguindo unhas normas establecidas.
40 A4
C13
C14
D3
Observación sistemática Valorarase a participación activa nas distintas actividades por
medios telemáticos de cara a capacitar ao alumnado para tarefas de educación
patrimonial.
40 D2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Segundo
o establecido no “Regulamento sobre a avaliación, a cualificación e a
calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado da Universidade
de Vigo
”, do 2023, existen dous sistemas de avaliación que o alumnado
poderá elixir: o preferente, que se aplicará por defecto, de “avaliación
continua
” (probas e actividades diversificadas que teñen lugar ao longo do
cuadrimestre), e o denominado de “avaliación global” (exames e/ou
entrega de traballos/exercicios a realizar nas datas oficiais de avaliación
establecidas no calendario académico), que deberá ser expresamente solicitado
polo alumnado interesado, e comunicado ao profesorado responsable no prazo
máximo de 31 días desde o início do cuadrimestre.

As probas de “avaliación global” desta materia consistirán no siguiente: Exame de preguntas obxectivas (40%); entrega dun traballo obrigatorio (40%); resolución de problemas e/ou exercicios (20%).

O alumnado ten dúas convocatorias/oportunidades de avaliación. A primeira lévase a cabo durante o cuadrimestre de docencia. A segunda (ou de 2ª oportunidade) realizaráse no mes de Xullo, para o que se habilitará de novo o acceso á plataforma docente.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000