Guia docente 2023_24
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia antiga do noroeste da Península Ibérica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentación Un traballo individual sobre un aspecto da sociedades, relixión ou economía da Gallaecia romana. A exposición terá 20 minutos de duración máxima.
Alumnado semipresencial: Podera optar por presentar o traballo na aula ou por entregar, xunto ao traballo escrito, un documento da presentación no soporte que elixa.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son:
Análise crítica das tradicións historiográficas sobre temas controvertidos ou de interese xeral.
Análise e valoración dos conceptos aprendidos a partir do uso das fontes e das interpretacións historiográficas.
10 C12
C19
D4
D7
Traballo tutelado Un traballo individual sobre un aspecto da sociedades, relixión ou economía da Gallaecia romana. A exposición terá 20 minutos de duración máxima.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son:
Elaboración e presentación, oral e escrita, dos traballos monográficos, individuais ou colectivos, baseados en fontes e bibliografía específicas.
Análise e valoración dos conceptos aprendidos a partir do uso das fontes e das interpretacións historiográficas.
10 A4
C19
D3
D7
Obradoiro Análise e comentarios críticos das fontes que proporcionan o coñecemento da Historia Antiga: textos, iconografía e material arqueolóxico. Poderá complarse cun análise crítico dalgún documental visionado na aula e subido á plataforma.
Con elo dará conta dos seguintes resultados de aprendizaxe:
Análise e valoración dos conceptos aprendidos a partir do uso das fontes histórixas e das interpretacións historiográficas.
10 C19
D4
D7
Resolución de problemas e/ou exercicios Versarán sobre contidos teóricos moi específicos; terase en conta a interpretación correcta da información xeográfica dos sistemas territoriais.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son:
Analise crítico das tradicións historiográficas sobre temas controvertidos ou de interese xeral.
Análise e valoración dos conceptos aprendidos a partir do uso das fontes e das interpretacións historiográficas.
20 C12
C19
D4
D7
Exame de preguntas de desenvolvemento O exame incluirá preguntas curtas e un comentario de texto. En ambos casos relacionados coa teoría exporta nas sesións maxistrais.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son:
Análise crítica das tradicións historiográficas sobre temas controvertidos ou de interese xeral.
Coñecemento da Historia, Historia da Arte e Xeografía de Galicia nunha perspectiva comparada.
40 A5
C12
C19
D4
D7
Autoavaliación Valoración do traballo autónomo do alumnado mediante a realización de cuestionarios sobre os contidos da materia a través de Moodle. Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Coñecemento da Historia, Historia da Arte e Xeografía de Galicia nunha perspectiva comparada 10 A5
C19
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para superar a materia é necesario obter nas probas de respostas (curta, longa, sesión maxistral) alomenos un 5 sobre 10.

Aqueles estudantes que elixan ser avaliados mediante a modalidade de “avaliación global deberán comunicalo ao profesorado responsable da materia no prazo de 31 días hábiles dende o inicio de cada cuadrimestre (artigo 19.4 do Regulamento sobre a avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado da Universidade de Vigo). Consistira nunha proba escrita con tres apartados: mapas mudos, preguntas curras e cuestións de desenvolvemento que suporá un 60% da cualificación. Un 20% estará constituido pola entrega das prácticas prestblecidas e un 20% dun traballo escrito sobre a sociedade, relixión ou economía da Gallaecia antiga.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000