Guia docente 2023_24
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia antiga do noroeste da Península Ibérica
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o coñecemento previo do alumnado, así como a presentar a materia.
Actividades na aula e/ou través da plataforma Moovi ou Aula remota
Lección maxistral O material docente empregado na aula será subido con antelación á plataforma de teledocencia (Moovi), así como outros documentos con contidos teóricos que faciliten a comprensión do temario impartido.
Exposición por parte do profesorado das claves fundamentais de cada un dos bloques temáticos.
Presentación A exposición do traballo individual terá 20 minutos de duración máxima.
Este traballo terá un seguimento constante por parte da docente quen marcará as pautas durante a súa elaboración. Moi importante a capacidade de sintese, expresión oral e soportes empregados.
Exposicións na aula ou entrega dun documento coa presentación.
Traballo tutelado Traballos realizados de xeito individual, orientados ao manexo de instrumentos de recompilación de información e de distintas fontes coas que se elabora a historia antiga. A asignación de traballos deberá quedar resolta no primeiro mes do cuadrimestre.
Eventos científicos Dúas horas reservadas para a asistencia a actividades de temática transversal organizadas dende o Departamento de Historia, Arte e Xeografía e a Facultade de Historia.
Obradoiro Actividades enfocadas ao traballo sobre un tema específico, que permiten afondar ou completar os contidos da materia. Pódense empregar como complemento das clases teóricas.
Actividades na aula ou a través da plataforma Moovi ou Aula remota
Seminario Sesións orientadas ao seguimento e orientación sobre o estudo de contidos, preparación das
actividades e probas de avaliación e á aclaración das diversas dúbidas que vaian xurdindo sobre
aspectos da materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000