Guia docente 2026_27
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Sistemas de representación xeográfica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas obxectivas Avaliación de coñecementos e competencias con una serie de preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamiento, selección).
Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Coñecemento aplicado da Xeografía no marco da metodoloxía científica: formulación de hipóteses, selección de información e técnicas; Coñecemento e análise dos principais sistemas xeográficos de representación gráfica e cartográfica, amosando capacidade para establecer os seus requisitos de uso en diversos contextos.
40 B3
C5
C6
C7
C10
D1
D2
D4
D7
Resolución de problemas e/ou exercicios O alumnado resolverá os exercicios , aplicando os coñecementos.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Coñecemento e análise dos principais sistemas xeográficos de representación gráfica e cartográfica, amosando capacidade para establecer os seus requisitos de uso en diversos contextos;Habilidade na realización de exercicios prácticos, con aplicación de técnicas xeográficas cualitativas ou cuantitativas, sobre procesos e dinámica do territorio.
20 B3
B6
C7
C10
D2
D4
D7
D11
D14
Práctica de laboratorio Avaliación de coñecementos e competencias mediante a execución de prácticas.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Habilidade na realización de exercicios prácticos, con aplicación de técnicas xeográficas cualitativas ou cuantitativas, sobre procesos e dinámica do territorio; Capacidade para elaborar e comunicar resultados de traballos aplicados, coidando a calidade, e xerando aportacións significativas.
30 B3
B6
C7
C10
D2
D4
D7
D11
D14
Observación sistemática Participación activa do alumnado nas sesións e actividades propostas polo docente, tendo en conta a avaliación continua do traballo autónomo na aula e na plataforma de teledocencia.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son: Coñecemento e análise dos principais sistemas xeográficos de representación gráfica e cartográfica, amosando capacidade para establecer os seus requisitos de uso en diversos contextos. Capacidade para elaborar e comunicar resultados de traballos aplicados, coidando a calidade, e xerando aportacións significativas.
10 A3
A4
A5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O sistema de avaliación da materia
contempla dúas modalidades, entre as que o alumnado poderá escoller: avaliación
continua
e avaliación global, segundo o establecido no
artigo 19.2 do Regulamento sobre a avaliación, a calificación e a calidade da
docencia e do proceso de aprendizaxe da Universidade de Vigo (aprobado no
claustro do 18/04/2023, modificado no claustro de 22/12/2023. Versión consolidada),
en adiante, Regulamento sobre a avaliación. 

A elección da avaliación global
correspóndelle ao estudantado, que deberá comunicala no prazo e forma
establecidos polo centro. Esta elección supón a renuncia á avaliación continua,
tanto ás probas xa realizadas como ás pendentes (art. 19.4 do Regulamento sobre
a avaliación).

A AVALIACIÓN CONTINUA consiste
na realización de probas e actividades distribuídas ao longo do cuadrimestre.
Operativamente, divídese en dúas partes: unha parte teórica e outra práctica.
A parte teórica será avaliada mediante dúas probas parciais
realizadas ao longo do curso, que suporán o 40 % da cualificación final.
A parte práctica incluirá a saída de estudos, resolución de
problemas e/ou exercicios, así como unha proba práctica, e representará o 50 % da nota. O 10 % restante
corresponderá á observación sistemática, que se avaliará mediante
pequenas actividades periódicas ao longo da docencia, co obxectivo de garantir
o seguimento continuado da materia por parte do alumnado. Nesta sección
inclúense tamén a participación e organización de eventos científicos.

Para superar a materia mediante
avaliación continua, será necesario acadar polo menos o 50 % da
cualificación máxima en cada unha das dúas partes (teórica e práctica)
. O alumnado deberá participar nas actividades que o profesorado
considere imprescindibles. No caso de non cumprirse algún destes requisitos,
aplicarase o disposto no artigo 32.2 do Regulamento sobre a avaliación, segundo
o cal a cualificación final deberá reflectir o máis fielmente posible o
rendemento real da/o estudante, sen que sexa posible obter o aprobado.

Tal como recolle o artigo 40.4 do
Regulamento sobre a avaliación, o profesorado poderá esixir que os traballos e
materiais entregados inclúan unha declaración explícita da súa orixinalidade,
acreditando que non se empregaron fontes non citadas adecuadamente. Entenderase
por plaxio a copia total ou parcial de textos ou doutros elementos como se
fosen de elaboración propia sen citar a súa procedencia, incluída a utilización
de medios dixitais. Así mesmo, considerarase fraude académica calquera
comportamento premeditado tendente a falsear os resultados dun exame ou
traballo, propio ou alleo, realizado como requisito para superar a materia. A
realización fraudulenta de calquera proba ou actividade de avaliación implicará
a cualificación de cero (suspenso) na acta da oportunidade de avaliación
correspondente, sen prexuízo das posibles consecuencias disciplinarias que
poidan derivarse.

O emprego de ferramentas de intelixencia artificial nas actividades de avaliación desta materia deberá axustarse a un uso responsable, ético e transparente, conforme ás directrices da Facultade de Historia e á normativa que estableza a Universidade de Vigo.

Co obxectivo de atender á
diversidade do alumnado e facilitar a aprendizaxe en diferentes contextos,
particularmente ao alumnado que teña recoñecida a MODALIDADE
SEMIPRESENCIAL
, a materia poderá seguirse tamén a través da plataforma de
teledocencia MooVi, onde se porán a disposición recursos e materiais didácticos
suficientes para a adquisición das competencias e a superación da materia. Os
materiais docentes facilitados a través da plataforma MooVi teñen como
finalidade apoiar o proceso de aprendizaxe do alumnado e deberán empregarse
exclusivamente con ese obxectivo. A súa utilización debe respectar os dereitos
de autor/a e as condicións de uso establecidas polo profesorado. Non está
permitida a súa reprodución, distribución nin comunicación pública, total ou
parcial, fóra do ámbito estritamente académico.

A través da mesma plataforma
especificaranse as metodoloxías docentes, as actividades de avaliación e o
calendario correspondente, tanto para as entregas presenciais como para as
remotas. O seguimento individualizado da actividade do alumnado levarase a cabo
utilizando as ferramentas dispoñibles en MooVi, como os rexistros de
participación, as estatísticas de acceso e a realización de probas ou
exercicios en liña. En canto ás actividades de carácter transversal, tales como
eventos científicos organizados pola Área, o Departamento ou a Facultade, no
caso do alumnado que curse a materia en modalidade semipresencial, aquelas que
requiran asistencia presencial poderán ser substituídas por outras que permitan
manter a mesma porcentaxe na cualificación final.

A AVALIACIÓN GLOBAL consistirá
nunha proba teórica, que suporá o 40 % da cualificación final e
abarcará todos os contidos teóricos impartidos durante o curso, e unha proba práctica,
cun valor do 60 %, centrada nos aspectos traballados nas actividades prácticas. Para
superar a materia será necesario acadar, como mínimo, o 50 % da cualificación
máxima en cada unha destas dúas probas

Segundo o establecido no artigo
21.2 do Regulamento sobre a avaliación, estas probas realizaranse
exclusivamente nas datas oficiais fixadas para cada oportunidade de avaliación,
dentro do período de exames marcado no calendario académico. Este calendario,
que recollerá as datas, horas e lugares de realización das probas, será
aprobado pola Xunta de Centro e publicado antes do inicio do período de
matrícula, conforme ao artigo 25.1 do devandito regulamento.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000