Guia docente 2023_24
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia antiga da Península Ibérica
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Obradoiro Análises e comentarios críticos das fontes que proporcionan o coñecemento da Historia Antiga da Península Ibérica: textos, iconografía e material arqueolóxico. Poderá completarse cunha análise crítica dalgún documental visionado na aula e subido á plataforma.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son:
Conciencia crítica da relación entre os acontecementos e procesos actuais e o pasado.
Análise e valoración dos conceptos aprendidos a partir do uso das fontes históricas e das interpretacións historiográficas.
20 A5
C19
D1
D7
D11
Traballo tutelado Entrega, na data sinalada, dos traballos realizados de maneira individual ou en grupo sobre a presenza de Roma na Península Ibérica. O alumnado escollerá o tema a tratar con apoio docente. Exporase na aula de forma presencial ou remota. Previamente en formato electrónico.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son:
Respecto a outras culturas e modos de entender ao home e a súa contorna.
Análise e valoración dos conceptos adquiridos a partir do emprego das fontes históricas e das interpretacións
historiográficas.
15 A5
C13
C23
D3
Presentación As presentacións e exposicións relaciónanse co traballo tutelado, e será exposto na aula (física ou remota).
Os resultados de aprendizaxe avaliados son:
Coñecemento dos conceptos principais da Historia xeral ou da Península Ibérica, especialmente da Historia Antiga e, de xeito máis concreto, a cultura romana neste ámbito xeográfico.
Coñecemento da estrutura diacrónica da Historia.
5
Resolución de problemas e/ou exercicios Esta proba escrita está unida aos talleres. Consistirá na resolución dun texto a modo de comentario, seguindo as pautas empregadas ao longo do curso nos talleres das sesións prácticas.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son:
Coñecemento dos conceptos principais da Historia da Península Ibérica na Antigüedad.
Análise e valoración dos conceptos apresos a partir do uso das fontes históricas e das interpretacións historiográficas.
15 A5
B5
C16
C19
C23
D11
Exame de preguntas de desenvolvemento Esta proba escrita está unida á sesión maxistral. A través dela valorarase o coñecemento teórico adquirido na materia exposto na aula.
Os resultados de aprendizaxe avaliados son:
Coñecemento dos conceptos principais de Historia Antiga da Península Ibérica.
Análise e valoración dos conceptos apresos a partir do uso das fontes históricas e das interpretacións
historiográficas.
35 A5
B5
C16
C19
C23
D11
Autoavaliación Valoración do traballo autónomo do alumnado mediante a realización de cuestionarios sobre os contidos da materia a través de Moovi.

Os resultados de aprendizaxe avaliados son:
Coñecemento dos conceptos principais da Historia Antiga da Península Ibérica.
10 A5
C16
D1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para superar esta materia é imprescindible acadar unha puntuación de 5 entre a resolución de problemas e/ou exercicios e o exame de preguntas de desenvolvemento.

Os/as estudantes que se acollan á modalidade semipresencial poderán seguir a materia a través do Curso Virtual na plataforma de teledocencia Moovi, da Universidade de Vigo, que permitirá o acceso aos materiais precisos para a adquisición das competencias e consecución dos resultados da aprendizaxe, tanto nos seus contidos teóricos como prácticos.

Especificaranse as metodoloxías docentes, as actividades de avaliación, xunto co calendario de entrega que quedará claramente establecido. As actividades que requiran presencialidade serán substituídas por outras que permitan acceder á mesma porcentaxe da nota. O seguimento individualizado da participación do alumno a través das TIC farase a partir das ferramentas propias da plataforma (participación, estatísticas de acceso, realización de probas ou exercicios en liña, etc.).

O alumnado deberá cumprir os requisitos mínimos de presencialidade necesarios para a avaliación continua. Así mesmo deberá acudir e realizar as probas que o profesorado dispoña como imprescindibles. O seguimento realizarase a través dos seguintes recursos: Curso virtual na plataforma Moodle (MooVi, UVigo) e correo electrónico. Docencia presencial: seguimento na aula e o seminario de informática da facultade. Docencia non presencial: Campus Remoto (enlace en MooVi).

Os/as estudantes que se acollan á modalidade semipresencial poderán seguir a materia a través do Curso Virtual na plataforma de teledocencia MooVi, da Universidade de Vigo, que permitirá o acceso aos materiais precisos para a adquisición das competencias e a consecución dos resultados da aprendizaxe, tanto nos seus contidos teóricos como prácticos. A utilización dos materiais postos a disposición do alumnado a través de MooVi deberá respectar os dereitos de autor/a e serán cualificados cun cero calquera proba ou exame nos que se "copien no sustancial obras alleas, dándoas como propias" (dle-rae).

Para todo o alumnado especificaranse en Moovi as metodoloxías docentes, as actividades de avaliación, xunto co calendario de entrega (presencial ou remota) que quedará claramente establecido. O seguimento individualizado da participación de cada estudante a través das TIC farase a partir das ferramentas propias da plataforma (participación, estatísticas de acceso, realización de probas ou exercicios en liña, etc.). Aqueles estudantes que elixan ser avaliados mediante a modalidade de "avaliación global" deberán comunicalo ao profesorado responsable da materia no prazo de 31 días hábiles dende o inicio de cada cuadrimestre (artigo 19.4 do Regulamento sobre a avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado da Universidade de Vigo). Aqueles alumnos que non poidan acollerse á avaliación contínua, serán avaliados dos contidos do programa da materia mediante unha proba escrita, que suporá o 70% da nota final, e un traballo obrigatorio que representará un 30% desta.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000