Guia docente 2023_24
Facultade de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia da arte medieval
   Resultados de Formación e Aprendizaxe
Código Descrición
A2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
A3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
A4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado.
A5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
B2 Comprender os procesos que se desenvolven en diversas escalas espazo-temporais e en diversos contextos socio-culturais
C24 Conciencia crítica das coordenadas espazo-temporais da Historia da Arte
C25 Visión diacrónica xeneral da Historia da Arte Universal
C28 Coñecemento das distintas metodoloxías da aproximación á Historia da Arte
C29 Coñecemento sistemático e integrado do feito artístico: distintas linguaxes e técnicas da produción artística ao longo da historia
C31 Coñecementos básicos de iconografía como clave para a interpretación de imaxes
C32 Coñecemento práctico dos procesos básicos da metodoloxía científica en Historia da Arte
D1 Capacidade de análise e síntese
D2 Aplicación dos coñecementos
D5 Capacidade de xestión da información e o coñecemento
D7 Capacidade de razoamento crítico
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000