Guia docente 2023_24
Facultad de Historia
Grao en Xeografía e Historia
 Materias
  Historia moderna universal
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Sesións orientadas a presentar o programa da materia, así como a tomar contacto e obter información das competencias, intereses e motivacións do alumnado co fin de articular a docencia para unha aprendizaxe máis eficaz.
Lección maxistral Exposición dos contidos da materia por parte do profesor e presentación das liñas básicas para o desenvolvemento de actividades relacionadas coa mesma.
Obradoiro Actividades enfocadas ao traballo intensivo sobre un tema ou serie de temas do programa que pode requirir a lectura e manexo de bibliografía, dar resposta a preguntas dirixidas, etc. orientados a fomentar o debate e a participación activa do alumnado. Dentro desas actividades inclúese un seminario programado.
Resolución de problemas Actividades encamiñadas á resolución de exercicios prácticos relacionados cos contidos da materia. Pode incluír a realización dalgún cuestionario.
Eventos científicos Resérvanse dúas horas para a asistencia a actividades de temática transversal organizadas dende o Departamento de Historia, Arte e Xeografía e a Facultade de Historia.
Seminario Seguimento e aclaración de dúbidas sobre os contidos da materia así como dos traballos e exercicios prácticos requeridos ós alumnos.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000