O alumnado deberá cumprir os requisitos mínimos de presencialidade
necesarios para a avaliación continua. Así mesmo deberá acudir e realizar as
probas que o profesorado dispoña como imprescindibles. O seguimento realizarase
a través dos seguintes recursos: Curso virtual na plataforma MooVi (UVigo) e
correo electrónico. Docencia presencial: seguimento na aula. Docencia non
presencial: Campus Remoto (enlace en MooVi). Os estudantes que se acollan á modalidade semipresencial poderán seguir amateria a través do Curso Virtual na plataforma de teledocencia MooVi,da Universidade de Vigo, que permitirá o acceso aos materiais precisos para a adquisición das competencias e a consecución dos resultados da aprendizaxe, tanto nos seus contidos teóricos como prácticos. A utilización dos materiais postos a disposición do alumnado a través de MooVi deberá respectar os dereitos de autor/a e será cualificada cun cero calquera proba ou exame no que se"copien no sustancial obras alleas, dándoas como propias" (DLE-RAE). Para todo o alumnado especificaranse en MooVi as metodoloxías docentes, as actividades de avaliación, xunto co calendario de entrega (presencial ou remota) que quedará claramente establecido. O seguimento individualizado da participación de cada estudante a través das TIC farase a partir das ferramentas propias da plataforma (participación, estadísticas de acceso, realización de probas ou exercicios en liña, etc.). Aqueles estudantes que elixan ser avaliados mediante a modalidade de “avaliación global deberán comunicalo ao profesorado responsable da materia no prazo de 31 días hábiles dende o inicio de cada cuadrimestre (artigo 19.4 do Regulamento sobre a avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado da Universidade de Vigo). Aqueles alumnos/as que non se acollan á avaliación continua (que esixe a entrega en tempo e forma das tarefas propostas), serán avaliados dos contidos da materia mediante unha proba escrita, que suporá o 70% da nota final, e un traballo obrigatorio, que representará o 30% restante. O devandito traballo deberá estar asignado, como mínimo,un mes antes da realización do exame oficial e entregarase coincidindo coa data fixada polo Centro para a súa realización en cada convocatoria. En todos os casos (modalidade presencial, semipresencial e opción no mencionado art. 3.10); para superar a materia requírese obter unha cualificación mínima de 5 puntos sobre 10 na proba escrita (contidos teóricos e prácticos). |